Imprimir y PDF

Visita á Denominación o día 16 de xuño

A D.O. Ribeira Sacra mira cara Xapón.

14/06/2011

A xornalista xaponesa especializada en viños españois, Yoshiko Akehi, visitará a D.O. Ribeira Sacra o vindeiro 16 de xuño. Yoshiko Akehi é a fundadora da empresa Akehi S.A. que se adica á promoción de viños españois no Xapón. O Consello Regulador aproveita a visita para organizar unha cata dos seus viños. Aqueles adegueiros interesados en que os seus viños sexan valorados pola xornalista xaponesa deben de presentar a botella do viño a valorar antes do 14 de xuño ás 14:00 na sede do Consello Regulador.

Con anterioridade a esta visita, nos últimos anos diferentes misións inversas de Xapón téñense achegado á D.O. Ribeira Sacra. Na última visita organizada pola Cámara de Comercio de Ourense, os visitantes xaponeses deixaban constancia de que en Xapón é moi importante coñecer como e onde se elaboran os viños que logo consumirán. Daquela quedaran moi sorprendidos polo sistema de cultivo en bancais dos viños da Ribeira Sacra e aseguraban que as similitudes co seu sistema de cultivo de arroz era un elemento que xogaría a favor da distribución dos viños de Ribeira Sacra no país nipón, coa visita e conseguinte cata do día 16 darase un novo paso nese camiño


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.