Imprimir y PDF

Os días 16 e 17 de xuño

Maridaxes da D.O. Ribeira Sacra en Salimat

16/06/2011

O Salón de Alimentación do Atlántico celebrará entre o 16 e o 19 de xuño a súa XV edición. A D.O. Ribeira Sacra estará como expositor durante os catro días, podendo coñecer no seu stand como son os viños da última colleita e obtendo información sobre a zona de produción e a elaboración dos nosos tintos e dos nosos brancos.

Ademáis do stand, a D.O. participará na campaña de colaboración que establecen a Consellería do Mar e a Consellería do Medio Rural para promocionar os productos galegos de calidade. Neste apartado, Ribeira Sacra será protagonista de dúas propostas que se desenvolverán no pavillón 1:

? O día 16 ás 15:30 haberá degustacións de queixos das D.O.P. de Galicia con viños da D.O. Ribeira Sacra.

? O día 17 ás 13:30 co suxerente título de ??un pracer para os sentidos? poderanse degustar os viños da Denominación xunto coas carnes de I.X.P. Tenreira Galega e os pementos da D.O.P. Pemento de Herbón.


O horario da feira é de 10:00 a 20:00 o xoves e o venres, ampliándose na fin de semana ata as 21:00.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.