Imprimir y PDF

Cata final en Monforte de Lemos en agosto

24 candidatos para as â??Distincións Gallaeciaâ?

20/06/2011

O pasado 7 de xuño celebrábase na sala de catas do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra unha doble cata dos viños da Denominación para a Asociación Galega de Catadores e para a Asociación de Sumilleres de Galicia, Gallaecia. Na pasada semana dábanse a coñecer os Excelencia 2011 da A.G.C. e hoxe véñense de anunciar os seleccionados para pasar á cata final dos Distinguidos Gallaecia.

Dos 73 viños catados seleccionáronse para a cata final 24 viños, 7 brancos e 17 tintos, todos eles recibiron durante a cata cega unha puntuación superior a 80.

Na categoría de brancos os viños seleccionados foron:

Abadía da Cova 2010 de Adegas Moure
Algueira 201 0 de adega Algueira
Almalarga 2010 de adega Pena das Donas
Algueira 2009 de adega Algueira
Finca A Cuarta 2009 de adegas Santa María de Nogueira
Sollío 2010 da adega de Victorino Ãlvarez Rodríguez
Viña Vella 2010 da adega SAT Virxe dos Remedios.


Na categoría de tintos os viños seleccionados foron:

Abadía da Cova 2010 de Adegas Moure
Adartia 2010 da adega de Roberto Regal López
Alcouce 2009 da adega Chao do Couso
Algueira 2008 de adega Algueira
RS barrica 2009 de adega Algueira
Cruceiro Rexio 2009 da adega de Ramón Marcos Fernández
Don Bernardino 2010 da adega Don Bernardino
Don Ramón 2008 da adega Don Ramón
Finca A Cuarta 2010 de adegas Santa María de Nogueira
Portelo 2010 da adega Terras de Líncora
Regina Expresión 2008 da adega Regina Viarum
Saíñas 2009 da adega de Javier González Fernández
Saíñas 2010 da adega de Javier González Fernández
Sollío 2010 da adega de Victorino Ãlvarez Rodríguez
Viña do Seixas 2010 da adega Terras de Líncora
Vía Imperial 2010 da adega Regina Viarum
VR 2009 de Adegas e Viñedos Vía Romana



Todos os viños seleccionados pasarán agora a unha cata final para escoller os â??Distinguidos Gallaeciaâ?, cata que se celebrará a finais de agosto en Monforte de Lemos, para esta cata utilizaranse as botellas que están no mercado. Esta edición será a XI, duns premios que están recoñecidos como Concurso Oficial polo Ministerio de Medioambiente, Medio Rural e Mariño.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: