Imprimir y PDF

Unha delegación visita a zona

A Ruta do Viño da Rioja Alavesa entusiásmase coa Ribeira Sacra.

13/07/2011

Unha representación de 37 persoas da Ruta do Viño da Rioja Alavesa estivo durante este martes e hoxe coñecendo a Ruta do Viño da Ribeira Sacra. Adegueiros, viticultores, representantes de administracións locais, un técnico da ruta, o seu xerente e o Presidente da Asociación, conformaban a comitiva vida da rioja alavesa.
A idea de coñecer os establecementos e as peculiaridades da Ruta do Viño da Ribeira Sacra partiu dos propios visitantes, que viñan manifestando dende hai tempo o seu interese en coñecer de primeira man a Ruta do Viño da Ribeira Sacra.
Durante estes dous días tiveron a posibilidade de coñecer adegas, aloxamentos e restaurantes integrados na Ruta do Viño da Ribeira Sacra, ademáis doutro patrimonio da ruta: a viticultura e a paisaxe.
A representación da Ruta do Viño da Rioja Alavesa abandona hoxe pola noite a Ribeira Sacra, fanno entusiasmados e impactados, como eles mesmos trasladaron aos representantes da Ruta do Viño da Ribeira Sacra.
A maior parte dos visitantes tiña oído falar da Ribeira Sacra e do seu viño, pero pouco coñecían e a maioría nunca estiveran aquí. O resultado: encantoulles a paisaxe e o modelo de viticultura, o sistema de socalcos e a dificultade que o territorio confire ao traballo na viña, obrigando a que as tarefas sexan manuais. Un terreno para o cultivo da vide que, en nada se parece ao seu, e co que agora quedaron entusiasmados.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.