Imprimir y PDF

Os resultados obtidos neste certamen seguen sendo motivo de satisfacción.

A D.O. Ribeira Sacra tráese unha ducia de premios de Aosta.

20/08/2011

Este sábado fíxose entrega en Aosta, Italia, dos premios do XIX Concurso Internacional de Viños de Montaña de Aosta, concurso que se celebraba a principios do pasado mes de xullo. En 2010, 12 mostras da D.O. Ribeira Sacra resultaron premiadas e este ano a Denominación tráese o mesmo bote, 12 premios.

Segundo as distintas categorías, o certame establece os seguintes premios: gran medalla de ouro, medalla de ouro e medalla de prata.

Reciben medalla de ouro (entre 89,1 e 94 puntos):

Abadía da Cova 2010 de Adegas Moure (branco)
Casa Noguedo 2010 de Ramón Marcos Fernández (tinto)


As medallas de prata son para (nos últimos anos recibían medalla de prata os viños puntuados entre 84 e 89 puntos, pero este ano, debido á gran calidade e cantidade de viños presentados limitáronse as medallas de prata aos viños valorados entre 87 e 89 puntos)

Almalarga 2010 de Pena das Donas (branco)
Viña Garoña 2010 de Adegas Viña Garoña (branco)
Viña Vella 2010 de SAT Virxen dos Remedios (branco)
Alodio 2010 de Adegas Costoya S.L. (tinto)
Moure de autor 2009, mencía barrica de Adegas Moure (tinto)
Javier Fernández 2010 de Javier Fernández (tinto)
Dominio de San Xiao 2010 de Manuel Fernández Rodríguez (tinto)
Adega Barbado 2008 de Tomás Rodríguez González (tinto)


O palmarés da Denominación de Orixe Ribeira Sacra este ano complétase co Premio Especial Cervim 2011 para Regina Viarum S.L. que xa se fixo con este premio as dúas edicións anteriores. Este recoñecemento outórgase a unha adega por país e é o resultado da suma das puntuacións obtidas polos distintos viños que presente cada adega.

Tamén para a D.O. Ribeira Sacra vén o Premio Excelencia Cervim 2011, que foi para o mencía Adega Barbado de Tomás Rodríguez González. Este premio entrégaselle ao mellor viño de cada país participante que presente ao concurso a máis de 8 adegas.


Representantes do C.R.D.O.R.S. acudiron a Aosta para recoller os galardóns que serán entregados aos destinatarios finais na comida de Nadal que todos os anos organiza o Consello Regulador.

O concurso de Aosta sempre dá grandes satisfaccións á D.O. Ribeira Sacra, alí os nosos viños competiron cun total de 530 viños de 10 países, todos eles coa peculiaridade de ser producidos en zona de forte pendente ou zona de montaña. O concurso é un xeito de prestixiar e diferenciar este tipo de viticultura.







CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.