Imprimir y PDF

Visita de Finlandia

Balance vendima. Máis de 400.000 quilos de uva recollidos

16/09/2011

A D.O. Ribeira Sacra afronta a primeira fin de semana de vendima oficial. O pasado día 15 era a data recomendada polo Consello Regulador para comezar a campaña, aínda que algunhas adegas pediron permisos puntuais e iniciaron os traballos con anterioridade ao día 15. Así, a data 15 de setembro 30 adegas abriran a vendima, 62 están pendentes de comezar e 1 xa finalizou. Lévanse recollido 401.000 quilos de uva, a maioría, 264.457 quilos, de uva Mencía. Séguelle en cantidade, a Godello, da que levan recollido 84.401 quilos.

Resto de variedades:
Brancellao: 3.610
Merenzao: 4.213
Caíño: 400
Garnacha: 5.407
Sousón: 540
Tempranillo: 1.120
Albariño: 24.965
Dona Branca: 2.523
Loureira: 790
Treixadura: 8.670
Total: 401.615

Esta fin de semana e as dúas próximas serán as de máis actividade na Denominación. A uva que está entrando en adega está sendo de gran calidade e con moi bo grao, polo que se espera unha gran campaña en cantidade e calidade.


E mentres viticultores e adegueiros están inmersos en plena campaña, a Denominación recibe visita dun grupo de finlandeses. Trátase dunha ducia de integrantes dun clube do viño de Toijala interesados en coñecer establecementos asociados á Ruta do Viño da Ribeira Sacra. A delegación finlandesa visitou 3 adegas de distintas subzonas da D.O., tivo a posibilidade de comer nunha delas e ver como se desenvolven os traballos de vendima nos socalcos. Quedaron impresionados polo tipo de paisaxe que ofrece a viticultura nesta Denominación e pola calidade e orixinalidade dos viños.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.