Imprimir y PDF

Distincións Gallaecia

Mellores elaboracións e campaña record na D.O. Ribeira Sacra

19/10/2011

A sede do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra acollía hoxe pola mañá a entrega dos diplomas correspondentes ás ??Distincións Gallaecia? que entrega a Asociación de Sumilleres Gallaecia. Para o acto de entrega acudían a Presidenta de Gallaecia, Mercedes González; o secretario de cata de Gallaecia, Luís Paadín e o Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, ademais dos representantes das adegas con viños premiados:

Brancos:

Algueira 2010 de Algueira
Sollío 2010 de Victorino Álvarez Rodríguez
Viña Vella 2010 de S.A.T. Virxen dos Remedios

Tintos:

Algueira 2008 de Algueira
Cruceiro Rexio 2008 de Ramón Marcos Fernández
Don Ramón 2008 de Don Ramón
Finca A Cuarta 2010 de Santa Mª de Nogueira
Portelo 2010 de Terras de Líncora
Regina Expresión 2008 de Regina Viarum
Sollío 2010 de Victorino Álvarez Rodríguez


Mercedes González recordou que as Distincións teñen como principal obxectivo defender o viño galego. Agradeceu a colaboración do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra e a confianza posta no concurso. Destacou o aumento de participación de viños da Denominación, en especial de viños brancos, que fai anos non eran habituais e encomiou a mellora nas elaboracións dos viños de Ribeira Sacra.

Pola súa banda José Manuel Rodríguez agradeceu o traballo de Gallaecia a favor do viño e destacou que estes premios son un pulo importante para a Denominación.
Aproveitou José Manuel Rodríguez para resaltar que esta campaña foi record na Denominación: ??Foi un ano importante con moi boas condicións para a vendima. Roldar os 7.000.000 de quilos de uva fai pensar que nuns anos se poida chegar aos 10.000.000 de quilos. ? necesario que as adegas sigan traballando como ata agora, houbo estabilidade nos prezos, profesionalidade en todos os procesos e todo fai pensar que será un bo ano. A finais de agosto vendéranse 100.000 litros de viño máis que o ano pasado na mesma data e esa tendencia é a que debemos de manter. Só cabe desexar que o ano que vén sexa como o anterior e como este en vendas e, mentres tanto, ver o mercado con tranquilidade.?


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: