Imprimir y PDF

Máis de 5.600.000 quilos de uva recollidos

A D.O. Ribeira Sacra alcanza o total de uva recollida na pasada campaña.

03/10/2011

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra obtiña o pasado ano a maior colleita da súa historia, recollendo 5.624.092 quilos de uva, dos cales a gran maioría eran de uva Mencía, 4.929.032. As condicións climatolóxicas e a atención dada á viña propiciaron que a campaña do pasado ano se poida superar nesta vendima.
Logo deste fin de semana, o último de maior actividade na vendima desta D.O. levan recollido 5.624.982 quilos de uva, dos cales 4.795.319 corresponden a Mencía. Con estas cifras supérase xa a campaña pasada e as cantidades veranse incrementadas, xa que 36 adegas da Denominación permanecen abertas, mentres que 58 deron por finalizada a vendima.

Desde o nacemento da Denominación superouse a barreira dos 5.000.000 de quilos de uva en 4 ocasións, 2005/2006, 2006/2007, 2008/2009 e 2009/2010 e xa podemos contabilizar unha quinta con esta campaña. As cifras definitivas coñeceranse cando todas as adegas finalicen os traballos, para o que será necesario deixar pasar uns días máis.

A tónica xeral durante a campaña foi de moi boa climatoloxía, bo grao e boa acidez da uva. As expectativas en canto á calidade dos viños deste ano son boas e o aumento da produción ben acollido por parte da Denominación, xa que nos últimos anos houbo máis demanda para estes viños da que se podía asumir, seguir incrementando calidade e cantidade, é xa que logo, unha boa noticia.

Datos de recollida de uva na D.O. Ribeira Sacra a día 2 de outubro:

Mencía: 4.795.319
Brancellao: 22.654
Merenzao: 15.628
Caíño: 2.929
Garnacha: 410.180
Mouratón: 9.270
Sousón: 2.254
Tempranillo: 46.309
Albariño: 60.931
Dona Branca: 9.476
Godello: 211.345
Loureira: 1.252
Torrontés: 898
Treixadura: 36.537
Total: 5.624.982



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: