Imprimir y PDF

Ribeira Sacra achégase aos 7 millóns de quilos de uva

Balance vendima

10/10/2011

A vendima na D.O. Ribeira Sacra pódese dar, practicamente, por terminada logo desta fin de semana. A data 09 de outubro levan recollidos 6.997.057 quilos de uva. Finalizaron a campaña 91 adegas e unicamente 3 adegas permanecen abertas.

A campaña deste ano abríase oficialmente o 15 de setembro, o pasado ano facíao unha semana despois, o 22 de setembro e terminaba o 17 de outubro.

A campaña pasada deixábanos 5.614.092 quilos de uva recolleitos, a maioría Mencía: 4.929.032, seguida da Garnacha Tintorera con máis de 335.000 quilos e o Godello con máis de 185.000 quilos. Este ano levan recollido máis quilos de Mencía que o total de quilos de todas as variedades o ano pasado, así nesta vendima recolléronse ata o momento, 5.983.382 quilos de Mencía, seguida da Garnacha Tintorera con 564.468 quilos e o Godello 223.901.
Os parámetros de calidade da uva foron bos durante toda a campaña e o balance moi positivo.

Quilos por variedades:
Mencía: 5.983.382
Brancellao: 24.059
Merenzao: 15.628
Caíño: 2.929
Garnacha: 564.468
Mouratón: 10.179
Sousón: 3.204
Tempranillo: 58.721
Albariño: 60.965
Dona Branca: 9.248
Godello: 223.901
Loureira: 1.252
Torrontés: 898
Treixadura: 38.223
Total: 6.997.057


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.