Imprimir y PDF

nun ano excelente para a Denominación.

A D.O. Ribeira Sacra entregou os premios de Aosta

16/12/2011

O Balneario de Augassantas acollía hoxe a entrega dos galardóns aos premiados na XIX edición do Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta. O acto de entrega estivo seguido dun xantar no que participaron unhas 150 persoas entre integrantes do Consello Regulador e autoridades políticas.
O Presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez, aseguraba que a cita era, principalmente, un xantar de confraternidade de xente que traballa polo territorio. Recordaba que, a pesar de vivir unha época de crise, nos 10 primeiros meses do ano incrementáronse as vendas un 3% con respecto ao mesmo período do ano anterior. Recordou que esta campaña fora histórica na Denominación en canto a cantidade, ao que se sumaba unha excelente calidade. Na súa intervención José Manuel Rodríguez fixo referencia ao novo decreto vitivinícola de Galicia, asegurou que pon en valor Ribeira Sacra, entendéndoo como o que é, unha mestura de viño e de territorio.

Da man das diversas autoridades políticas presentes no acto foron recibindo os seus galardóns da XIX edición do Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta as seguintes adegas:

Medalla de ouro (entre 89,1 e 94 puntos):

Abadía da Cova 2010 de Adegas Moure (branco)
Casa Noguedo 2010 de Ramón Marcos Fernández (tinto)


As medallas de prata foron para (nos últimos anos recibían medalla de prata os viños puntuados entre 84 e 89 puntos, pero este ano, debido á gran calidade e cantidade de viños presentados limitáronse as medallas de prata aos viños valorados entre 87 e 89 puntos)

Almalarga 2010 de Pena das Doas (branco)
Viña Garoña 2010 de Adegas Viña Garoña (branco)
Viña Vella 2010 de S.A.T. Virxen dos Remedios (branco)
Alodio 2010 de Adegas Costoya S.L. (tinto)
Moure de autor 2009, mencía barrica de Adegas Moure (tinto)
Javier Fernández 2010 de Javier Fernández (tinto)
Dominio de San Xiao 2010 de Manuel Fernández Rodríguez (tinto)
Adega Barbado 2008 de Tomás Rodríguez González (tinto)


O palmarés da Denominación de Orixe Ribeira Sacra este ano completábase co Premio Especial Cervim 2011 para Regina Viarum S.L. que xa se fixo con este premio nas dúas edicións anteriores.

A entrega de premios pechouse co Premio Excelencia Cervim 2011, que foi para o mencía Adega Barbado de Tomás Rodríguez González.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.