Imprimir y PDF

A D.O Ribeira Sacra continúa a súa promoción en Vinis Terrae os días 1 e 2 de abril

28/03/2019

Durante dous días,  Expourense convértese nun gran centro de negocios en que se facilitará o contacto directo entre adegas e compradores nacionais da distribución e da hostalería, así como importadores de distintos países, como Alemaña, Países Baixos, Estados Unidos, Polonia, Austria e Reino Unido. Tamén estarán presentes en Ourense representantes da prensa especializada nacional e internacional.
A Denominación de Orixe Ribeira Sacra
acode con stand propio no que, en horario de 10.00 a 18.00, darase información sobre os viños e repartirase material promocional da Denominación. Ademais os viños da D.O. Ribeira Sacra formarán parte das catas comentadas que desenvolve o EVEGA.
A D.O. Ribeira Sacra estará representada tamén a través de adegas que acoden a Vinis Terrae a nivel particular, é o caso de  Adegas  Cachín, Adega  Tear, Adega  Ribada, Adega  Régoa, Adegas Pilares de Belesar,  Karma  do Sil, Rectoral de Amandi e  Virxen dos Remedios
Vinis Terrae ofrece novas oportunidades comerciais para os viños da D.O. Ribeira Sacra en mercados nacionais con gran concentración turística e permite xerar contactos no estranxeiro con interesados na produción galega, impulsando a exportación no sector. A D.O. Ribeira Sacra acode a Vinis Terrae, despois dos bos resultados da participación en Prowein.
Tras Vinis Terrae, a seguinte cita coa promoción internacional para os viños da Demominación de Orixe Ribeira Sacra, será o Salón Gourmets en Madrid, do 8 ao 11 de abril.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: