A sede do Consello Regulador da D.O. Ribeira sacra acolleu a entrega de premios ás adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra que resultaron premiadas na XI Cata de Tintos Galegos en Euskadi.
O segundo premio foi para Viña Cazoga 2010 de Adegas Carneiro Fiuza e o terceiro premio para VÃa Romana barrica 2009 de Adegas e Viñedos VÃa Romana.
Entregaba os premios José David Fidalgo, como representante da organización da Cata, a Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, quen, como en edicións anteriores, entregou tamén unha réplica do premio ao Consello Regulador.
Nesta ocasión a cata celebrouse máis tarde do habitual, o 24 de setembro, sendo Eibar o lugar de celebración desta cita itinerante. Participaron da cata máis dunha trintena de viños tintos das diferentes D.O. galegas, recaendo o primeiro premio nunha adega de Valdeorras..
Cos premios entregados hoxe déixase constancia, un ano máis, de que os tintos de Ribeira Sacra gustan no PaÃs Vasco e de que esta cata concurso sempre dá satisfaccións aos viños nacidos da viticultura heroica.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España