Imprimir y PDF

Convocaraas a Xunta para celebralas entre abril e maio

O C.R.D.O.R.S. aproba os censos provisionais para as eleccións

13/01/2012

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra comezou o ano preparándose para as eleccións ao Consello que se celebrarán entre finais de abril e comezos de maio. Vense de celebrar un pleno do Consello no que se aprobaba o borrador de decreto de eleccións que remitiu a Consellería do Medio Rural a todos os Consellos Reguladores para que presentaran posibles alegacións.
O pleno serviu tamén para aprobar os censos provisionais segundo o regulamento do Consello Regulador. Por primeira vez, no caso dos viticultores, establécense todas as divisións de censo que define o regulamento do Consello Regulador. Nas anteriores eleccións o censo dos viticultores referíase únicamente a viticultores que venden uva. Para as eleccións deste ano o censo de viticultores queda do seguinte xeito:
? os viticultores de máis extensión ata 400 hectáreas (154) elixen a 2 representantes
? o resto de viticultores que venden uva (1.745) elixen a 3 representantes e
? o resto de viticultores que non venden uva (779) elixen a 1 representante.

No caso dos elaboradores ou adegas establéncense tamén 3 apartados:
? adegas que de media nos últimos 3 anos comercializaron o 65% da produción (6) elixen a 3 representantes
? adegas que representan o 15% da produción do Consello (9) elixen a 1 representante e
? resto de adegas (77) elixen a 2 representantes.

Á espera da convocatoria de eleccións por parte da Consellería, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra comeza un ano para o que ven de aprobar no mesmo pleno o orzamento que ascende a 604.000 euros.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.