O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra acudirá fiel á súa cita en Alimentaria entre o 26 e o 29 de marzo. Participar no Salón Internacional de Alimentación e Bebidas é cita obrigada para a Denominación polo que supón de promoción cara ao exterior. Nesta ocasión a D.O. estará representada no stand da Xunta e contará con stand propio. Acudirá, ademais, unha importante representación de adegas da Denominación.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España