Imprimir y PDF

Un comité de cata integrado por 9 catadores valorará a maior colleita da Denominación.

Monforte acolle a Cata de Calificación da colleita 2011 na D.O.R.S.

13/02/2012

O 24 deste mes celébrase no Parador de Turismo de Monforte de Lemos a Cata de Calificación da colleita 2011 na D.O. Ribeira Sacra, a colleita máis abundante da Denominación.
As Catas de Calificación da Ribeira Sacra teñen carácter itinerante por subzonas e nesta ocasión o turno é para a subzona de Amandi. O pasado ano a cita foi en Trives, onde a colleita 2010 obtiña a valoración de MOI BOA.

Para o panel de cata espérase contar con:
Iria Otero Mazó, membro da Asociación de Sumilleres Gallaecia,
Marcial Pita Pérez, membro da Asociación galega de catadores,
Álvaro Bueno Elexpuro, membro da Asociación galega de Enológos,
José Antonio Portela Sánchez, membro da Asociación galega de Sumilleres,
Luis Díaz Álvarez, xornalista,
José María Martínez Alonso, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
Juan Angel Fernández Martínez, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
José Luis Hernández Mañas, experto en viticultura e enoloxía e
Waldo Carreiras Albo, experto en viticultura.

O panel de cata valorará 10 mostras, 2 por subzona, buscando ter representación en cada subzona, dunha adega de moita produción e outra de pouca produción. Da recollida de mostras encargaranse, desde esta semana, técnicos da Denominación.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.