Imprimir y PDF

??A zona está atopando o seu viño tipo?, José Luís Hernáez Mañas, experto en viticultura.

A colleita 2011 de Ribeira Sacra é MOI BOA

24/02/2012

A D.O. Ribeira Sacra celebrou hoxe a cata de cualificación da colleita 2011. O escenario da cata foi o Parador de Turismo de Monforte na subzona de Amandi. O panel de cata, composto por 9 catadores, valorou 10 mostras de viños, 2 por subzona, con representación de adegas grandes e adegas pequenas e con representación de viños embotellados e viños aínda en depósito. A colleita cualificouse como MOI BOA, cunha puntuación de 7.5.

Algúns dos catadores ofreceron as seguintes valoracións:

??Son viños moi representativos da zona, viños moi limpos, que nuns meses darán lugar a viños máis redondos?. (Iria Otero Mazó, membro da Asociación de Sumilleres Gallaecia)

??Algúns viños aínda teñen que evolucionar, hai que ter en conta que unha parte das mostras son viños en depósito, pero son viños que están moi ben de capa e de sabor. Para min unha valoración entre 7.5 e 8.0??. (Waldo Carreiras Albo, Xefe de Área de Industrias Agrarias)

??Son viños con moita intensidade e olor, viños moi intensos en boca. O pasado ano falabamos de viños bastante homoxéneos, con puntuacións moi similares entre eles, creo que a colleita 2011 aínda é máis homoxénea, parece que a zona atopa o seu viño tipo, este é un proceso que adoita ser moi lento e Ribeira Sacra está evolucionando correctamente?. (José Luís Hernáez Mañas, experto en viticultura)

As colleitas da D.O. Ribeira Sacra levan varios anos obtendo a valoración de MOI BOAS. A do 2011 preséntase como unha gran colleita para a Denominación por ser a maior colleita da historia e porque cumpriu as expectativas de calidade que se expuxeron durante a vendima, agora queda un ano por diante para comprobar se o consumidor segue apostando, como ata agora, polos viños de Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.