Imprimir y PDF

Decláranse zonas vitícolas de especial protección

Decreto que regula o potencial vitícola de Galicia

27/03/2012

DOGA 27 de marzo de 2012-03-27

Decreto do 7 do 12 da Consellería de Medio Rural que regula o potencial de produción vitícola de Galicia. Entre outros apartados, o decreto pretende favorecer a ordenación do territorio, regular dereitos de plantación e fomentar o emprego de variedades de vide certificadas. Neste novo decreto decláranse zonas vitícolas de Galicia de especial protección con medidas específicas, sobre todo, para a viticultura de montaña.
Obteñen esta cualificación as zonas en que o desenvolvemento sostible do medio rural manteña unha actividade vitícola sostible e rendible que garanta a súa supervivencia, así como nas que diversos factores fagan que a viticultura se realice en condicións difíciles. Así decláranse zonas vitícolas de Galicia de especial protección as zonas de viñedo cunha pendente superior ao 30%, aquelas cunha altitude sobre o nivel do mar de máis de 500 metros ou aquelas nas que o cultivo da vide, se realiza maioritariamente en socalcos.
Estas zonas recoñeceranse como zonas de viticultura de montaña e/ou en forte pendente.
Nestas zonas, entre as que se atopa a maior parte do territorio da D.O. Ribeira Sacra, a Consellería promoverá o mantemento da actividade vitícola mediante unha atención preferente a 3 niveis:
Con incentivos para o sector, asignando dereitos de plantación procedentes da reserva galega e na valorización da súa produción cun selo distintivo de calidade que traslade ao consumidor as características singulares destas zonas promocionándoas e xerando un valor engadido aos seus produtos vitícolas.

Descargar decreto completo no apartado lexislación e subvencións desta web.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.