Imprimir y PDF

Celebrarase en Monforte de Lemos os días 24 e 25 de maio

XVIII edición da Cata dos Viños de Ribeira Sacra organizada polo CRDORS

20/04/2012

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra organiza a XVIII edición da Cata dos Viños da Ribeira Sacra, que se celebrará no Parador de Monforte de Lemos os días 24 (precata) e 25 de maio (cata final).

Na cata poden participar os viños elaborados por adegas inscritas na D.O. que se atopen en fase de comercialización. Establécense 3 categorías e requírese un mínimo de 6 mostras de viño por categoría.

Categorías:

Viños brancos: pódense presentar tantas marcas como a adega considere. Só entran a concurso os Ribeira Sacra Súmmun branco da colleita 2011. No momento da recollida a adega debe de ter unhas existencias mínimas de 500 botellas.

Viños tintos: pódense presentar tantas marcas como a adega considere. Só entran a concurso Ribeira Sacra Tinto da colleita 2011. No momento da recollida a adega debe de ter unhas existencias mínimas de 500 botellas.

Viños doutras añadas: pódense presentar tantas marcas como a adega considere. Entran a concurso viños con barrica da colleita 2011 e viños doutras colleitas distintas que non teñan participado en edicións anteriores. No momento da recollida a adega debe de ter unhas existencias mínimas de 300 botellas.

As inscricións dos viños deben de presentarse antes do 11 de maio ás 14.00 na sede do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.

A entrega de premios realizarase o mesmo día que se celebre a cata final. Para brancos e tintos contémplanse 3 premios para cada categoría: medalla de ouro, de prata e de bronce. Para os viños doutras añadas entregaranse medallas de ouro, o número delas dependerá do número de participantes, menos de 14 participantes unha medalla de ouro, menos de 20 dúas medallas de ouro e máis de 20 tres medallas de ouro.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.