Imprimir y PDF

'A clave é ter un horizonte común, a rendibilidade'

PRESIDENTE DO C.R.D.O.R.S. José Manuel Rodríguez

04/05/2012

Publicado en El Progreso 04-05-2012

O Consello Regulador da Denominación Ribeira Sacra non coñece a outro presidente que non sexa José Manuel Rodríguez, un home que é capaz de aunar sensibilidades para traballar nunha aposta por manter a rendibilidade da viticultura nunha zona caracterizada pola paisaxe.

A VITICULTURA na Ribeira Sacra ten unha referencia en José Manuel Rodríguez (Vilachá, Sober, 1956), un home que nos anos 90 foi un dos que sacaron adiante a calificación dos caldos da zona como Viños da Terra, o que abriu o camiño para que seis anos depois se conseguira a denominación de orixe. Dende entón estivo á fronte do consello regulador e aí seguirá catro anos máis grazas, de novo, ó consenso entre todas as partes para presentar unha única candidatura, co cal non fixo falta facer eleccións.

Foi fácil conseguir un novo acordo entre os distintos representantes dos viticultores e produtores?

Chegouse de novo, como sucedera no 2007, a un acordo entre as centrais sindicais e o resto das partes implicadas na denominación de orixe porque era algo que se buscaba entre todos. Atrás quedaron as diferenzas que precederan o anterior proceso de eleccións e que se subsanaran tamén antes dos comicios. Dende aquela houbo un antes e un despois na denominación e séguese mantendo a unidade por encima de todo. Lóxicamente hai diferentes ideas sobre temas que van xurdindo, pero hai un concepto na denominación que é traballar dende distintas áreas nun horizonte común, que non é máis que loitar polos intereses da denominación. As connotacións dos tempos onde se falaba de algo máis que de viño quedaron superadas e iso é o gran logro que temos todos no consello.

Houbo algún problema para chegar ó último acordo?

A verdade é que non houbo dificultades porque mantense a estrutura que ata agora funcionaba e que non hai que cambiar precisamente porque é a acertada. Hoxe estamos nunha fase de continuación no traballo que se leva feito, que dá resultados, e por iso, aparte das diferentes sensibilidades e diversas opinións ante temas puntuais, hai un camiño que continuar. Nas decisións importantes hai consenso.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.