Imprimir y PDF

24 e 25 de maio no Parador de Turismo de Monforte de Lemos

67 mostras para a Cata dos Viños de Ribeira Sacra

24/05/2012

Os días 24 e 25 deste mes celébrase a XVIII edición da Cata dos Viños da Ribeira Sacra que se desenvolverá no Parador de Turismo de Monforte de Lemos. Preséntanse un total de 67 mostras, 37 corresponden a tintos colleita 2011, 17 na categoría doutras añadas e 13 na categoría de brancos. As 67 mostras presentadas corresponden a 36 adegas.

O día 24 a partir das 9:00 da mañá comezará a cata de selección. Os viños cataranse por series, comezando polos brancos e terminando cos viños doutras añadas. Seleccionaranse un máximo de 10 viños na categoría de tintos 2011 para pasar á cata final. No caso dos brancos e dos viños doutras añadas farase unha selección dun máximo de 6 mostras por cada categoría para a cata final.


Tras a cata final do día 25 celebrarase un xantar organizado polo Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra no Parador de Turismo de Monforte, a cita aproveitarase para facer entrega dos premios aos viños mellor valorados.

Nas categorías de tintos e brancos entréganse medalla de ouro, de prata e de bronce. Na categoría ??outras añadas? entregaranse dúas medallas de ouro, tal e como recollen as bases, ao superar o nº de mostras nesta categoría as 14 e non chegar ás 20.

O panel de cata estará formado por:

FERNANDO LÁZARO ARRANZ, XORNALISTA ESPECIALIZADO, XORNAL EL MUNDO
JOSE MARÍA CAMPOS VILLAMARÍN, XORNALISTA ESPECIALIZADO, REVISTA EPICUR
BRUNO KAMMERER, XORNALISTA E EXPERTO EN VITICULTURA
MANUEL RODRÍGUEZ, EN?LOGO. DIRECTOR T?CNICO ABONA
JOSE MARÍA MARTÍNEZ ALONSO, MEMBRO PANEL DE CATA. SUMILLER. PROPIETARIO VINOTECA O BEIRO.
ANTONIO RALUY RODRÍGUEZ, MEMBRO PANEL DE CATA. SUMILLER. TITULAR DA TENDA ESPECIALIZADA VI?OS CONSENTIDO
LUÍS MIGUEL L?PEZ N??EZ, DIRECTOR T?CNICO C.R.D.O. MONTERREI
IVÁN VÁZQUEZ PATEIRO, ASOCIACI?N DE SUMILLERES GALLAECIA
JOS? FELICÍSIMO PEREIRA FREIJIDO, ASOCIACI?N GALEGA DE CATADORES
ANTONIO PORTELA SÁNCHEZ, ASOCIACI?N GALEGA DE SUMILLERES
LUÍS BUITR?N BARRIOS, ASOCIACI?N GALEGA DE EN?LOGOS
MARIA ISABEL MIJARES E GARCÍA PELAYO, EXPERTA EN VITICULTURA E ENOLOXÍA
SUSI NISTAL ÁLVAREZ, SUMILLER


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.