Imprimir y PDF

"Son viños moi orixinais que identificas con Ribeira Sacra"

Premios aos mellores viños da D.O. Ribeira Sacra

25/05/2012

O Parador de Turismo de Monforte foi o escenario escollido para celebrar o xantar que daba o peche á XVIII edición da cata dos viños da D.O. Ribeira Sacra. O acto era utilizado para entregar os premios aos viños que os 13 catadores, que conformaron o panel de cata, consideraron os mellores.

Na categoría de brancos presentáronse 13 viños e os premiados foron:

Terceiro premio: Casa Moreiras de Adega Casa Moreiras S.L.
Segundo premio: Viña Vella de S.A.T. Virxe dos Remedios
Primeiro premio: As Glorias de Adegas Amedo S.L.


Na categoría de tintos presentáronse 37 mostras e os premiados foron:

Terceiro premio: Don Bernardino de Don Bernardino S.L.
Segundo premio: Javier Fernández de Adega Javier Fernández González
Primeiro premio: Cividade de Adega José Ramón Verao Pérez


Por quinto ano consecutivo contábase cunha categoría máis, viños doutras añadas. Polo número de participantes, 17 mostras, concretábanse, na bases, dous premios de igual categoría que recaeron en:
Don Bernardino de Don Bernardino S.L. (Mencía barrica 2009)
Bancales Olvidados de Adega Ponte da Boga S.L. (Mencía 2009)


No ánimo do Consello Regulador de impulsar o territorio, os premios foron pezas de oleiría de Gundivós. Premios que foron entregando aos seus destinatarios as autoridades presentes. Como presentación do acto, o Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, destacou que o 2011 fora un gran ano e de bo viño.

Os catadores do panel de cata coincidiron en sinalar que os viños que pasaron á cata final eran marabillosos e que a D.O. se afianzaba.

María Isabel Mijares y García Pelayo, experta en viticultura e enoloxía.:?A D.O. segue progresando, é certo que o fan todas as Denominacións, pero en Ribeira Sacra hai un afianzamento importante, sobre todo a dous niveis: utilización da tecnoloxía e definición de estilo. Probei viños moi orixinais que se identifican claramente con Ribeira Sacra. Estes viños teñen o necesario para dar o salto a todos os mercados.?

Antonio Raluy Rodríguez, membro do panel de cata. Sumiller. Titular da tenda especializada Viños Consentido.:?Os viños que chegaron á cata final son marabillosos. Hai grandes viños na Denominación. Os brancos gustáronme especialmente e os tintos son viños cos que podes competir en calquera lugar do mundo.?

Iván Vázquez Pateiro, Asociación Sumilleres Gallaecia.: ??Estou moi sorprendido cos brancos, cada vez son mellores nunha D.O. que se asociaba tradicionalmente aos tintos. Os viños tintos son moi aromáticos, cunha moi boa definición de aromas das variedades autóctonas. Son viños con moita tipicidade nos que se aprecia o terruño e os aromas a froitas do bosque característicos da Denominación. Os viños doutras añadas parecéronme moi interesantes, ofrecen moitas cousas novas, con aromas ben ensamblados e compensados.?


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.