Imprimir y PDF

"Traballar xuntos administracións e sector para garantir a substitución xeracional? Raquel Arias, Delegada Territorial da Xunta de Galicia.

Constituido o pleno do C.R.D.O.R.S.

14/06/2012

Hoxe constituíase na sede do C.R.D.O.R.S. o novo pleno do Consello. Tras o acordo dentro das distintas tendencias do sector, presentábase unha candidatura conxunta na que segue á fronte como Presidente, José Manuel Rodríguez. Como Vicepresidentes mantense Evaristo Rodríguez e incorpórase tamén, a este cargo, José María Gómez de Tojeiro.

O resto de membros do pleno, como vocais son: Pedro Rodríguez, Carlos Losada, Manuel Gómez, Juan Carlos Varela, Manuel Fernández, Manuel Casanova, Rubén Moure, César Enríquez, Víctor Manuel Rodríguez e Primitivo Lareu.

O reelixido Presidente, José Manuel Rodríguez, destacaba que era un día importante para o sector nunha Denominación que a pesar do momento económico complicado que se está vivindo capea ben a situación. ??Conseguíronse acordos importantes dentro da D.O. para propor proxectos comúns e traballar pola viticultura. Podemos presumir dun bo clima dentro dunha Denominación que abarca dúas provincias e 19 municipios. O sector ten moitas posibilidades de futuro e estase convertendo nunha forma de vida para a xente nova?. José Manuel Rodríguez.

Raquel Arias, Delegada Territorial da Xunta en Lugo e veciña de Ribeira Sacra, mostrábase compracida polo traballo feito pola Denominación e animaba ao novo pleno nesta nova etapa. ??Viticultores, adegueiros e sindicatos sodes un exemplo por velar consensuadamente polo interese conxunto da Denominación, deixando de lado posibles diferenzas?. Recordaba, Raquel Arias, que a viticultura era secundaria neste territorio e hoxe converteuse no motor económico da zona, profesionalizouse o sector e coa práctica vitícola contribuiuse a manter o medioambiente e potenciar o turismo.
??Hai retos que manter para o futuro. Hai que afianzar a produción e a calidade, consolidar e buscar novos mercados e traballar unidos administracións e sector para conseguir a substitución xeracional.? Segundo a Delegada Territorial haberá momentos difíciles, nesta etapa de crise xeral, pero non se pode decaer. Raquel Arias animou aos membros do Consello a porse a traballar desde hoxe e entre todos transmitir á sociedade e á xente nova, a mensaxe de que a viticultura heroica, característica desta Denominación, é unha profesión digna e rendible que debe de contribuír a fixar poboación neste territorio.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.