Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra presente en Fenavin, a feira nacional do viño que se celebra do 7 ao 9 de maio

06/05/2019

Fenavin 2019

A D.O. Ribeira Sacra estará presente na caseta da Xunta de Galicia, Pavillón 4, Osiris, rúa 7, stand 1. Ademais o xoves, día 9, de 10.00 a 12.00 h. a técnica do Consello Regulador de la D.O. Ribeira Sacra, Ruth Fernández, ofrecerá una cata comentada no stand de CaixaBank. Nesta edición do certame estarán presentes, tamén, as seguintes adegas da D.O. Ribeira Sacra con stand propio:
  • Adega Ponte da Boga S. L.

  • Alma das Donas
  • Adegas Rectoral de Amandi S.A.U.
  • Grupo Peago
  • Dominio do Bibei S. L.
  • Regina Viarum S. L.
  • Ronsel do Sil S. L.  
A D.O. Ribeira Sacra tamén estará representada no Túnel do Viño de Galicia que organiza AGACAL, Axencia Galega de Calidade Diferenciada, con case 200 marcas comerciais das D.O. vitivinícolas galegas. Participarán no Túnel do Viño, ademais das adegas coexpositoras mencionadas, as adegas: Adega Cachín, Don Bernardino, Tolo do Xisto e Spanish Wines by Carlos Rodríguez.

FENAVIN

Despois de 9 edicións Fenavin converteuse na feira monográfica do viño máis importante de España cunha capacidade de negocio contrastada como instrumento para o impulso do negocio do sector vinícola nacional e internacional. A proxección internacional desta cita permite que a oferta vinícola española poida estar presente nos mercados máis importantes, acudindo compradores, distribuidores e outros especialistas do viño de diferentes países. Fai menos dun mes a D.O. Ribeira Sacra promocionábase en Gourmets e despois de acudir a Ciudad Real, a seguinte cita coa promoción internacional levaraa a Vinexpo Burdeos do 13 ao 16 de maio.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.