A D.O. Ribeira Sacra darase cita nun catamarán polo río Sil contando con adegueiros, membros do Consello Regulador, representantes das diferentes administracións, prensa etc. O catamarán sairá pasadas as 13.00 h. do embarcadoiro de Santo Estevo para gozar das paisaxes e os viñedos da D.O. Para o brinde colectivo contarase con maridaxe e a música en directo de Ad Heyra Liti.
O Día Movemento Viño D.O. reivindica o viño con Denominación de Orixe e está especialmente dedicado aos mozos, para que se acheguen a descubrir o viño con D.O. nunha contorna de consumo. Nesta terceira edición servirá ademais, para reivindicar o papel que desempeñan as Denominacións de Orixe nas zonas rurais, tanto desde o punto de vista socioeconómico, como desde o ambiental e cultural, contribuíndo a revitalizar e dinamizar os recursos culturais e como elemento de promoción do patrimonio histórico-artístico a través do turismo ligado ás DDOO.
As redes sociais xogarán un papel importante durante este día. Aqueles usuarios que compartan as súas fotografías brindando ou gozando desta xornada co hashtag #BrindisMVDO entrarán no sorteo de packs de viño con D.O. Co hashtag #DíaMovimientoVinoDO poderase seguir todo o que aconteza nesta emocionante xornada.
O DÍA MOVEMENTO VIÑO D.O. está promovido pola Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), a asociación sen ánimo de lucro que representa ás Denominacións de Orixe de viño de España.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España