Imprimir y PDF

Dos 7 premios posibles, Ribeira sacra fíxose con 4 galardóns dentro da Cata Concurso de Tintos/Brancos Galegos

Ribeira Sacra segue sendo o viño galego que máis gusta en Euskadi

26/06/2012

Con motivo da celebración do Día de Galicia en Euskadi, o pasado 16 de xuño, levouse a cabo a Cata Concurso de Tintos Galegos en Euskadi, que se desenvolveu en Sestao. Unha actividade que organiza a Irmandade de Centros Galegos en Euskadi coa colaboración da Asociación de Euskadi de Sumilleres.

A D.O. Ribeira Sacra presentou 24 mostras. O primeiro premio foi para Marcelino I da adega Marcelino Álvarez González e o segundo para Cruceiro da adega de Ramón Marcos Fernández, o terceiro premio foise para Rías Baixas e estableceuse un accesit que recaeu de novo en Ribeira Sacra, Sabatelius de Adegas e Viñedos Lareu S.L.


Unha semana despois, o día 23, con motivo da festividade de San Xoan, na XIV Cata Concurso de Viños Brancos Galegos que se celebrou en Bilbao, levou o primeiro premio un Ribeira Sacra, Peza do Rei de Adega Cachín S.C. Presentáronse á cata 5 mostras da D.O. Ribeira Sacra.

Nas próximas semanas, representantes da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi farán entrega dos premios aos seus destinatarios nun acto que terá lugar na sede do C.R.D.O.R.S.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.