Imprimir y PDF

Martes 10 de xullo a partir das 10.00 horas na sala de catas do C.R.D.O.R.S.

Cata en Ribeira Sacra para Distiguidos Gallaecia e premios Excelencia 2012

09/07/2012

Este martes día 10, durante a mañá, celébrase na sala de catas do C.R.D.O.R.S., a cata dos viños desta Denominación para os Distinguidos Gallaecia (Asociación de Sumilleres de Galicia, Gallaecia) e para os premios Excelencia 2012 da Asociación Galega de Catadores.

Preséntanse a esta dobre cata 80 mostras (73 presentáronse o ano pasado), 62 de tinto (9 deles de barrica) e 18 de branco.

Os premios Excelencia 2012 da D.O. Ribeira Sacra coñeceranse nos próximos días. Tamén en próximos días daranse a coñecer os seleccionados para entrar na cata final dos Distinguidos Gallaecia, que se celebrará os días 2, 3 e 4 de setembro na provincia da Coruña.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: