Este martes dÃa 10, durante a mañá, celébrase na sala de catas do C.R.D.O.R.S., a cata dos viños desta Denominación para os Distinguidos Gallaecia (Asociación de Sumilleres de Galicia, Gallaecia) e para os premios Excelencia 2012 da Asociación Galega de Catadores.
Preséntanse a esta dobre cata 80 mostras (73 presentáronse o ano pasado), 62 de tinto (9 deles de barrica) e 18 de branco.
Os premios Excelencia 2012 da D.O. Ribeira Sacra coñeceranse nos próximos dÃas. Tamén en próximos dÃas daranse a coñecer os seleccionados para entrar na cata final dos Distinguidos Gallaecia, que se celebrará os dÃas 2, 3 e 4 de setembro na provincia da Coruña.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España