Imprimir y PDF

A Denominación obtén 23 premios no Concurso de Viños de Montaña que organiza o Cervim

A Viticultura Heroica premia á D.O. Ribeira Sacra

29/08/2012

A D.O. Ribeira Sacra presentou 54 mostras ao XX Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta que se celebrou na localidade italiana a principios de xullo. Das mostras presentadas 45 correspondían a tintos e 9 a brancos. A D.O. Ribeira Sacra obtivo dous premios especiais: Premio Especial Cervim para Adegas Regina Viarum (entrégaselle á mellor adega de cada país como resultado das puntuacións de todos os viños presentados pola adega) e o Gran Premio Cervim para o viño que obtén a mellor puntuación absoluta, o premio foi para Viña Mesquita 2011 de José Manuel Vida López.

Ademais establécense 3 tipos de medallas por categoría: Gran Medalla de Ouro para os viños valorados entre 94,1 e 100, Medalla de Ouro entre 89,1 e 94 e Medalla de Prata con puntuacións entre 84 e 89.

Na categoría de viños tintos tranquilos vendimas 2010-2011 obteñen Medalla de Ouro na Denominación Ribeira Sacra:
Adega Barbado 2011 de Tomás Rodríguez González
Nogueiras 2011 de Roberto Regal López
Regina Viarum 2011 de Adegas Regina Viarum
Cividade 2011 de José Ramón Verao Pérez
Terras Mouras 2010 de Maximino López Vázquez
Estrela 2011 de D´Fran S.C.


Na mesma categoría reciben Medalla de Prata:
Casa Noguedo 2011 de Ramón Marcos Fernández
Cruceiro Rexio 2011 de Ramón Marcos Fernández
Sollío 2011 de Victorino Álvarez Rodríguez
Sabatelius 2011 de Adegas e Viñedos Lareu S.L.
Cruceiro 2011 de Ramón Marcos Fernández
Marcelino I de Marcelino Álvarez González
Viña Cazoga de Adegas Viña Cazoga
Portelo de Terras de Líncora S.C.
Marqués de Garoña de Adegas Viña Garoña S.L.
Cepa Vella de Adegas Moure S.A.

O viño Viña Mezquita 2011 de José Manuel Vidal López obtén o máximo galardón nesta categoría: Gran Medalla de Ouro, obtendo, polo tanto, unha puntuación superior a 94,1 sobre 100.

Na categoría outras añadas, referente á campaña 2009 e anteriores recibe Medalla de Ouro, Don Bernardino de Don Bernardino S.L.

Na categoría de brancos 3 Medallas de Prata viñeron para Ribeira Sacra:
Almalarga 2010 Godello Barrica de Pena das Donas S.L.
Regina Viarum Godello 2011 de Adegas Regina Viarum
Viña Vella 2011 de SAT Virxen dos Remedios


Desde o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra mostran a súa satisfacción polos premios recibidos, competindo con centenares de viños de todo o mundo, todos eles producidos en zona de forte pendente ou zona de montaña. O Certame pretende promocionar e pór en valor este tipo de viticultura da que a D.O. Ribeira Sacra é o máximo expoñente en España e da que se está convertendo en referente a nivel mundial. Os galardóns avalan o traballo ben feito e deixan constancia da evolución ascendente que está vivindo a Denominación. Os premios de Aosta serán entregados aos seus destinatarios na comida de Nadal que cada ano celebra o Consello Regulador.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: