Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra aclara a situación xerada polo alcalde de Monforte ao redor do Festival do Viño da Ribeira Sacra

18/05/2019

O Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, deu conta en rolda de prensa do programa do Consello Regulador para a promoción dos viños e traballar polo sector, participando este ano en Enofusión, Fitur, Xantar, Prowein, Vinis Terrae, Gourmets, Fenavin, Vinexpo e a London Wine Fair, precisamente mañá o Presidente viaxa a Londres para participar nesta última cita na que a D.O. Ribeira Sacra participa por primeira vez.

Destacou José Manuel Rodríguez que a participación nestas feiras supón unha forte aposta pola promoción nacional e internacional e fai un balance moi positivo da acollida dos viños da D.O. Ribeira Sacra nestas citas. Dentro das actividades de promoción está tamén o Festival do Viño que se celebra en Monforte, cita que se retomou fai dous anos coincidindo co 25 aniversario da Denominación de Orixe coa idea de mantela no tempo. Nese ano 2017, desde o Consello Regulador mantéñense conversas co alcalde de Monforte, José Tomé, para organizar conxuntamente o evento e este comprométese a facerse cargo da metade do custe, pero a celebración levouse a cabo sin que o Concello de Monforte aportase nada.
Para a celebración do Festival do Viño no 2018 falouse, entre ambas partes, de firmar un convenio que segue sen firmarse, pero desde o Consello creuse na palabra do alcalde e nese ano o Concello tampouco aportou nada á celebración do Festival do Viño. Nestes dous anos o financiamento do Festival do Viño correu por conta do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, a Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural, CaixaBank e dos ingresos do propio Festival. 
José Manuel Rodríguez sinalou que este ano se lle informou ao Concello de que non se organizaba o Festival por falta de fondos, “ao ser ano electoral as Deputacións non teñen consignadas as axudas, pero que se retomaría a cita no 2020 ou con carácter bianual se non había cofinanciación doutras administracións, pero que este ano non o podíamos facer porque a disponibilidade económica que temos é a que temos e Consello ten que ir aos eventos que considera que son importantes para vender o noso viño”.

José Manuel Rodríguez. Presidente do C.R.D.O. Ribeira Sacra

O Presidente do Consello Regulador explicaba na rolda de prensa que recentemente os adegueiros recibiron carta do alcalde de Monforte na que se lles invitaba a participar do evento que se celebrará entre o 5 e o 7 de xullo e sinalando que o Consello se desvinculaba da organización. Nesta situación, José Manuel Rodríguez deséxalle ao Concello o maior dos éxitos nunha cita que ten como finalidade promocionar o viño, pero asegura que non pode consentir que se minta sobre o traballo e o papel da Denominación e que “José Tomé se autopoclame organizador e promotor deste evento cando nin organizou nin puxo un euro.  
Nós comunicamos que non tiñamos fondos para asumir a cita este ano, de feito aínda se nos deben 25.000 euros da pasada edición, pero o alcalde de Monforte dirixiuse aos adegueiros sen ter falado nada co Consello Regulador e mentindo sobre a situación e o noso traballo. Na carta o alcalde minte, a súa palabra non vale e aprovéitase do traballo dos demais. O noso é facer viño e vender a imaxe do viño, non estamos aquí para afear a imaxe de ninguén, pero non podemos permitir que nolo queiran facer a nós. Non imos permitir que se poña en tea de xuizo a un Consello Regulador que promove a Ribeira Sacra, xera emprego, fixa poboación, impulsa o turismo e crea e define unha paisaxe atractiva que repercute positivamente na imaxe da Ribeira Sacra. Non queríamos ter que facer isto en campaña electoral, pero foi agora cando o alcalde enviou as cartas, unhas cartas que perxudican a nosa imaxe con mentiras e tiñamos que explicar a realidade da situación. A nosa campaña é vender viño, non temos outra campaña”. 
(Adxúntase documentación dos datos económicos destes dous anos)

Información Financieira do Festival do Viño

Ligazóns


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.