Imprimir y PDF

Importante evolución nos viños brancos

Entrega das Distincións Gallaecia na D.O. Ribeira Sacra

14/09/2012

A sede do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra acollía a entrega das Distincións Gallaecia aos viños da Denominación que obtiveron este galardón. O Concurso, recoñecido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente, axuda a valorar e impulsar os viños das denominacións de orixe galegas.

Os representantes de Gallaecia destacaron a calidade dos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e o esforzo que supuxo para viticultores e adegueiros acadar os tintos que hoxe se elaboran na D.O. Amosáronse, tamén, sorprendidos polas elaboracións acadadas nos brancos nestes últimos anos, en especial neste ano.

Para concretar as Distincións Gallaecia un amplo panel de catadores desenvolve unha primeira cata en cada Consello Regulador, aquí faise una primeira selección e pasan á cata final para a que se utilizan viños que están no mercado. Todo o procedemento de catas que levan a cabo recibiu os eloxios do Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, quen asegurou que o concurso de Gallaecia, era o referente máis importante de Galicia á hora e falar de viño. Aproveitou José Manuel Rodríguez para agradecer o traballo que a Asociación Gallaecia está levando a cabo para promocionar e potenciar os viños galegos.

Nesta XII edición dos ??Distinguidos Gallaecia? foron premiados na D.O. Ribeira Sacra:

En brancos:
As Glorias 2011 de Adegas Amedo
Condado de Sequeiras 2011 de Grupo Peago
Viña Garoña 2011 de Adegas Viña Garoña
Peza Do Rei 2011 de Adegas Cachín
Sollío 2011 de Victorino Álvarez Rodríguez

En tintos:
12 Adega Vella 2010 de Jorge Feijoo González
Baluce 2010 de Jorge Feijoo González
Cardenal Rodrigo de Castro 2011 de Bodegas Soutelo
Décima 2009 de José Manuel Rodríguez González
Finca Cuarta 2011 de Bodegas Santa Mª de Nogueira
Fiume 2011 de Roberto Regal López
Peza do Rei 2009 de Adegas Cachín
Regina Expresión 2009 de Bodegas Regina Viarum
Saíñas Barrica 2010 de Javier Fernández González
San Mamed 2011 de Rosa Mª Pumar Rodríguez
Viña Cichón 2011 de Domingo López Fernández


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: