Bureau Veritas Certificación e o Cluster Alimentario de Galicia , organizan a xornada "EFICIENCIA ENERX�TICA E PEGADA DE CARBONO NO SECTOR AGROALIMENTARIO", que se celebrará o próximo 25 de outubro nas instalacións da Confederación de Empresarios de Galicia (Rúa do Vilar, 54 15705, Santiago de Compostela).
Os crecentes incrementos nos custos dos combustibles e a enerxÃa, fan que a Eficiencia Enerxética sexa un dos factores máis importantes a ter en conta para conseguir reducir os custos de explotación da súa empresa a longo prazo e, polo tanto, aumentar a rendibilidade e os beneficios. Igualmente importante para saber a influencia que a nosa empresa ten no medio ambiente que vén representado polo indicador de Pegada de Carbono.
Nesta xornada mostrarémoslles, dunha forma clara e amena, en que consiste un Sistema de Xestión da EnerxÃa, o cálculo de Pegada de Carbono e os beneficios que poden reportar á súa organización.
A xornada é gratuÃta, pero é necesaria inscrición previa a través do teléfono 986 221 101 ou o correo electrónico que aparece nesta información.
Información completa e programa no apartado Congresos desta web
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España