Imprimir y PDF

...comeza coincidindo coa tregua climatolóxica.

O groso da vendima na D.O. Ribeira Sacra...

27/09/2012

Onte abríase oficialmente a vendima na D.O. Ribeira Sacra, xa que o día 26 era a data recomendada polo Consello Regulador para iniciar os traballos. Con data 26 de setembro os datos de recollida de uva son os seguintes:

Mencía: 276.402
Brancellao: 11.881
Merenzao: 8.660
Caíño: 38
Garnacha Tintorera: 7.457
Mouratón: 1.353
Sousón: 184
Tempranillo: 1.936
Albariño: 30.684
Dona Branca: 3.728
Godello: 79.638
Loureira: 30
Torrontés: 400
Treixadura: 2.600
Total: 424.991

Con data 26 de setembro, 40 adegas estaban abertas, 54 aínda non comezaran e 4 adegas deron por finalizada a vendima. A climatoloxía desta semana non favoreceu a recollida de uva, pero desde hoxe e durante os próximos días espérase que non haxa choivas e que o sol acompañe, o que beneficiará á calidade da uva e ao desenvolvemento da campaña. O pasado ano, as condicións climatolóxicas foron moi favorables e a uva alcanzaba as condicións óptimas para vendimiar uns 10 días antes que este ano, isto daba como resultado que a estas alturas levasen recollido máis de 3.000.000 de quilos de uva. As previsións para esta campaña son boas e as condicións sanitarias da uva que entra en adega fan pensar nunha boa colleita na Denominación.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: