Imprimir y PDF

Balance positivo da campaña tanto en calidade como en cantidade

A D.O. pecha a vendima con cinco millóns e medio de quilos de uva

23/10/2012

A vendima na D.O. Ribeira Sacra chegou ao seu fin. A data 23 de outubro dase por rematada despois de ter recollido 5.457.082 quilos de uva. Nesta campaña vendimaron 96 adegas. Este ano a campaña abríase con algo máis dunha semana de atraso con respecto ao pasado ano. A campaña 2011 tivo unhas condicións climatolóxicas extraordinarias que anticiparon lixeiramente o inicio de campaña e que deron lugar a unha colleita de maior volume, roldando os 7 millóns de quilos. A cifra deste ano rolda os anos anteriores, no 2010 recolléronse 5.614.092 quilos, en 2009 5.269.00 e en 2008 3.966.202.

Contrariamente ao ocorrido noutras denominacións, a cantidade non se viu resentida na tendencia que se viña dando na denominación e o estado sanitario da uva é excelente. Polo tanto a campaña péchase cun bo balance que deixa os seguintes datos provisionais:


Mencía: 4.772.451
Brancellao: 26.020
Merenzao: 14.299
Caíño: 1.050
Garnacha Tintorera: 332.121
Mouratón: 4.483
Sousón: 3.189
Tempranillo: 60.361
Albariño: 38.240
Dona Branca: 4.918
Godello: 174.402
Loureira: 550
Torrontés: 899
Treixadura: 24.099
Total: 5.457.082


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: