Imprimir y PDF

15 de novembro en Ourense

Xornada "A internacionalización de adegas"

30/10/2012

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra colabora con Bureau Veritas na organización desta xornada, que se celebrará en horario de mañá (a partir das 9.30) o día 15 deste mes na sede da Confederación de empresarios de Ourense. A actividade desenvolverase en horario de mañá a partir das 09.30 horas, en Ourense, nun día por establecer na primeira quincena de novembro. Abordaranse cuestións como a internacionalización dunha peme, a certificación agroalimentaria destinada á exportación (ISO 22000, BRC e IFS), pegada do carbono e sostibilidade, as medidas que ten o IGAPE de apoio á internacionalización e a rede PEXGA.

Para participar na xornada rógase inscrición previa no teléfono 986 221 101 ou través do correo electrónico: emillio.junquera@es.bureauveritas.com

Máis información no apartado "congresos" desta web.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: