Imprimir y PDF

www.elbaranda.com

Godello, Dona Branca, Brancellao, Merenzao, Sousón, Mencía: estamos na R.S.

03/12/2012

A verdade é que non hai cousa que máis me moleste que me conten a trama dun libro que non lin ou o argumento dunha película que non vin, por moito que queiran transmitirme a sensación de tenrura de La Sonrisa Etrusca ou o pánico irremediable de Tiburón.

Do mesmo modo, por máis que me describan un bo viño as sensacións non son trasnferibles e non hai máis solución que probalos para comprobar se aquelas marabillas que che narran son verdadeiras ou froito dunha predisposición sobre unha zona, unha uva ou unha adega.

Así que logo de ler, escoitado e visto textos, comentarios e imaxes sobre a zona e os viños da Ribeira Sacra había que pasar a comprobar, cal CSI, que o lido e escoitado era realmente certo e para iso nada mellor que organizar unha cata con viños representativos da denominación. ¡Dito e feito!!.

No día 28 de novembro do ano do noso Señor o lobby charro reúnese para analizar e gozar da seguinte selección de viños da D.O. :

1.- LAPOLA 2010.

Elaborada na adega DOMINIO DE BIBEI situada na parte máis oriental da provincia de Ourense, cerca xa da privincia de León, no alto dun outeiro e cunha orografía que vai desde os 200 aos 700 metros de altura. O viñedo sitúase sobre pedra granítica, areas, esquistos e minerais como o cuarzo, aínda que tamén hai chans arcillosos e lousas.

O viño está elaborado cun 70% de godello, 20% de albariño e 10% de dona branca e unha idade da viña de entre 6 e 100 anos. Vendima realizada, nun ano quente, entre o 16 de setembro e o 4 de outubro. Vinificación en barricas de 600 litros e fudres de 1.200 litros de carballo francés, austríaco e alemán.

Crianza en barricas de carballo francés de 600 litros, fudres de 1.200 litros e depósitos ovoides de formigón durante 15 meses sobre os seus lías.

Cata: Amarelo con ribete verdoso. Limpo. Bágoa fina e densa. En nariz froita amarela, flores brancas, notas alimonadas, minerais e cítricas -achegue da albariño- e feo verde. En boca móstrase a untuosidade da caste dona branca, con moi boa acidez -case un coitelo en boca-, fresco, con corpo e volume achegado pola súa crianza sobre lías. En retronasal remárcase o carácer cítrico, mostrándose longo.

2.- VI?A REGUEIRAL 2009.

Elaborado cun 100% de uva mencía dun único terruño da subzona de Amandi e mantida 7 ou 8 días en depósitos coas súas pelicas. Non ten crianza en madeira. 13% vol.

Cata: De tonos rubí con menisco lixeiramente rosado pálido. Limpo en nariz móstrase moi complexo en aromas (froita vermella, toffe, guinda, pétalos de rosa) moi agradable pero un pouco curto en intensidade. En boca mostra boa acidez, goloso, sedoso, con falta dun pouco máis de volume e de mediano percorrido.

3.- ALGUEIRA MERENZAO 2009

Este merenzao (maría ordoña, carnaz ou godello tinto son nomes que a variedade recibe na zona e emparentada coa trousseau da rexión do Xura -da que se cre que ten a súa orixe-) nace do froito do esforzo que Fernando González na viña e Raúl Pérez na adega, investiron na recuperación desta varidade buscando expresar toda a sedosidade e frescura que contén. O viño elabórase en barrica de carballo francés durante 12 meses para non esconder a frescura e mineralidade que posúe.

Cata: De cor rubí con menisco lixeiramente atellado. Limpo. En nariz lixeiras notas de xeraneo, froita vermella, mineral, monte baixo e toffe. Elegante. En boca é un viño que mostra volume, elegancia, boa acidez e sedosidade. Longo en percorrido e con estrutura, frescura e un lixeiro amargor final que o fai máis adictivo.

4.- REGOA TN 2008

Adegas Regoa conta con 11 hectáreas de cultivo en terraza, pendentes do 80% e orientación sur que contactan na súa cota inferior co río Sil. Elaborado con cepas maioritariamente de mencía, e brancellao, caíño e sousón teñen unha idade de máis de 15 anos e unha produción máxima de dous quilos por cepa.

Cata: De cor picota con capa media e menisco carmesí. Bágoa fina e densa, lenta. Limpo. En nariz notas de lacas que se van e dan pé a apuntes de flores azuis (violetas), regaliz, notas terrosas, lácteos, notas especiadas e toques minerais. En boca achega unha correcta acidez, certa tanicidade e algo secante, observando unha lixeira descompensación en boca. Ao longo da cata evolociona a notas de caucho e mentolados.

5.- LADREDO 2008.

Elaborado cun 60% de mencía e un 40% de garnacha tintorera. Produción de 1.100 botellas.

O seu elaborador -xunto con Raúl Pérez-, Dirk Van Der Niepport, define a viña como unha "pequena viña vella con preto de 50 anos, orientada cara ao leste e apoiada nunha vertixinosa pendente sobre o río Sil de inclinación tan acentuada que converte en heroico o traballo de vendimiar". O viño tivo unha fermentación en tino aberto cunha pequena porcentaxe de raspón. Unha parte macerou durante 45 días e o resto durante 75. Posteriormente tivo unha crianza de 12 meses en barricas novas e usadas de carballo francés

Cata: Picota de capa media-baixa con bágoa fina. En nariz notas de redución, a pesar de levar máis dunha hora de aireación, que dan paso a notas de froita vermella e flores, apuntes minerais, cravo e incenso, eseciados e cedro. ¡Elegante nariz!. En boca mostra boa acidez, é goloso, con corpo e estrutura. Móstrase longo e fresco, mantendo o tipo e a intensidade ao longo de toda a cata.

6.- DOMINIO DE BIBEI 2006 BRANCELLAO.

Elaborado cun 100% de uva brancellao e unha gradación de 13% vol.

A uva provén dunha viña de 16 anos de idade e cun chan abundante en esquistos e lousas, e cunha altitude de 300 metros. Os rendementos son moi baixos, ao redor de 1500 gr. por planta. Sistema de condución de espaldera e cordón dobre. Exposición oeste. Toda a vendima é manual e unha fermentación en barrica de 500 l. A crianza é de 19 meses sobre as súas lías en barricas de carballo francés de 300 litros.

Cata: Rubí de capa baixa e menisco atellado. Notas de redución e rebotica iniciais que desaparecen e afloran notas de froita negra, flores de pétalos de rosa seca, láceos, tostados e apuntes mentolados. En boca marca unha boa acidez e un ataque sedoso, longo e envolvente que termina cun lixeiro amargor que non molesta.

Conclusións:

A cata desenvolveuse ao longo de tres horas e os viños que mellor se mantiveron foron Ladredo 2008 e Domino de Bibei 2008, tanto en nariz como en boca. Quizais Lapola necesita máis tempo en botella xa que lle falta certa ensamblaxe, aínda que ten unha acidez "salvaxe" e un achegue do albariño que marca sobre as demas castes. E desde logo, en tintos, observáronse dúas liñas moi marcadas entre os viños de clara influencia "borgoñona", Viña Regueiral 2010 e Algueira Merenzao 2009, cun carácter máis floral que Régoa TN 2008, Ladredo 2008 e Dominio de Bibei 2006, cun achegue máis froiteiro e mineral.

Íalles a contar a trama do último libro que estou lendo, 1974 de David Peace, recomendado polo meu bo amigo Iñaki Gómez Legorburu, novela negra na que un xornalista vido a menos..., pero é mellor que o lean e gocen del cunha copa de bo viño.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: