Imprimir y PDF

Chegar aquí, teu destino. Somos Ribeira Sacra. Somos Viño.

Material promocional da Ruta do Viño da Ribeira Sacra

07/12/2012

O novo material promocional da Ruta do Viño da Ribeira Sacra presentouse aos medios e asociados da Ruta, nun acto que se levou a cabo no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra apoia a divulgación dos seus servizos en tres alicerces:
1. páxina web
2. audiovisual promocional
3. paneis interpretativos

1. A páxina web completa o portal informativo institucional da Ribeira Sacra, ao compartir a presentación que tradicionalmente viñan desenvolvendo o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra e o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, a través da dirección www.ribeirasacra.org. Agora existe a opción de acceder, ademais, á web da Ruta do Viño da Ribeira Sacra.

2.- O audiovisual promocional da Ruta do Viño leva por título: "Somos Ribeira Sacra. Somo Viño". A peza, realizada pola empresa Némesis Creaciones coa colaboración de Loff & Laff, ten unha duración de 3 ´ 42 ´ ´. Neste tempo intenta trasladar ao espectador a un lugar máxico e cheo de opcións para o seu lecer, para iso apoiase en imaxes e sons evocadores. A montaxe, a música e a narración levan da man ao espectador para suxerirlle sensacións. Un vídeo que xera emocións vinculadas ao disfrute do que ofrece a Ruta: viño, paisaxe, gastronomía, románico, xentes,� "Chegar aquí, teu destino. Somos Ribeira Sacra. Somos Viño".

Este audiovisual no que prima a estética para apelar aos sentidos, completarase proximamente con vídeo duns 5 minutos de duración no que presentar, cunha vocación claramente informativa, a Ruta do Viño e os seus servizos.

3. Paneis interpretativos.
Colocáronse 4 paneis interpretativos nos seguintes puntos:
. Soutochao. Doade
. Embarcadoiro de Santo Estevo
. Embarcadoiro de Belesar
. Quiroga, ao lado da casa de cultura

Os paneis teñen todos a mesma estrutura, triplo panel en cada situación, de maneira que en cada localización podemos ver:
. panel explicativo con texto e fotos sobre a D.O. en galego e castelán
. panel explicativo con texto e fotos sobre a Ruta do Viño en galego e castelán
. panel central con foto panorámica e indicación dos lugares destacados de cada zona.
No caso do panel central de Quiroga utilizouse como solución unha ortofoto na que se recollen as zonas de viñedo da contorna.

Con estes paneis interpretativos, situados nalgúns dos puntos máis estratéxicos da Ribeira Sacra, preténdese dar ao visitante e veciños información "in situ" do lugar no que se encontran e do que se pode ver desde el.

Ligazóns


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: