Imprimir y PDF

67 mostras participan na XXV edición da Cata dos Viños de Ribeira Sacra

24/06/2019

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebra os días 4 e 5 de xullo, a Precata e Cata dos Viños de Ribeira Sacra. Para esta edición presentáronse un total de 67 viños pertencentes a 31 adegas: 32 viños tintos, 17 viños brancos e 18 doutras anadas. Estas son, precisamente, as tres categorías do certame: 

  • Viños Brancos: viños Ribeira Sacra Súmmum Branco correspondentes á colleita 2018, podéndose presentar á cata, tantas marcas como a adega desexe. O volume mínimo da partida non deberá ser inferior a 1000 litros. As existencias mínimas no momento da recollida serán de 500 botellas.
  • Viños Tintos: viños Ribeira Sacra Tinto correspondentes á colleita 2018, podéndose presentar a cata, tantas marcas como a adega desexe. O volume mínimo da partida non deberá ser inferior a 1000 litros. As existencias mínimas no momento da recollida serán de 500 botellas.
  • Viños doutras Anadas: viños Ribeira Sacra de colleitas diferentes á colleita 2018 que non participaran en edicións anteriores e os viños con barrica da colleita 2018, podéndose presentar á cata, tantas marcas como a adega desexe. O volume mínimo da partida non deberá ser inferior a 500 litros. As existencias mínimas no momento da recollida serán de 300 botellas.
  Poden participar na Cata os viños elaborados por adegas inscritas nos rexistros da D.O. Ribeira Sacra que se atopen en fase de comercialización. Nas categorías de Brancos e Tintos establécense 3 premios: Medalla de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce. Na categoría doutras Anadas establécense 2 Medallas de Ouro, ao superar as 14 mostras participantes. A entrega de premios farase o día 5 de xullo coincidindo co final da Cata e aproveitando o xantar de confraternidade que organiza o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, no balneario de Pantón. Técnicos do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra recollerán as mostras durante os próximos días, elixindo 3 mostras ao azar de entre o stock da adega. O notario procederá ao embolsado, precintado e numerado das botellas, que permanecarán custodiadas ata a celebración da Cata. Os viños cataranse por series, comezando polos Viños Brancos e terminando cos viños doutras Anadas. O número máximo de viños seleccionados que pasarán á Cata final será de 10 para a categoría de Viños Tintos e 6 para as categorías de Viños Brancos e Viños doutras Anadas.            

 O panel de cata desta XXV edición intégrano:
  • Víctor Cortizo Fontán, Representante da Asociación Galega de Enólogos
  • Humberto Loureiro Argullós, Representante da Asociación de Sumilleres Gallaecia
  • Ana María Martín Abild, Sumiller pola Escola Española de Cata, Wine & Spirit Education Trust (WSET), Diplomada en Turismo, Xurado de diversos concursos de viño nacionais e insulares, Co-propietaria de Winesoul Consulting.
  • María Isabel Mijares e García de Pelayo, Fundadora e vicepresidenta da Unión Española de Catadores; vicepresidenta da Federación Internacional de Xornalistas e Escritores de Viño e membro da Real Academia Española de Gastronomía; coordinadora e directora da Guía Repsol dos Viños de España; fundadora e directora de Equipo Team S.L.
  • Estrella Gabriel Rodríguez, Membro do Panel de Cata da Guía Repsol dos Viños de España.
  • Miguel Ángel Martín, Vicepresidente Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño. Colaborador programa "Comer e Beber" emisión nacional en Xestiona Radio.
  • Francisco Sauco Sánchez-Casas, Presidente da Academia Extremeña de Gastronomía, Presidente do Foro de Academias Autonómicas de Gastronomía, Académico numerario da Real Academia de Gastronomía, Membro de Xurados Nacionais e Internacionais de Cata.
  • Manuel Ángel Capote Pérez, Representante CERVIM, organismo internacional para a valorización da Viticultura Heroica.
  • Waldo Carreiras Albo, Representante Consumidores Consello Regulador D.O. Ribeira Sacra
  • José María Martínez Alonso, Representante Distribución Consello Regulador D.O. Ribeira Sacra
  • Adela Richer Moreno-Luque, Socia fundadora de Impronta Eventos, empresa organizadora de eventos sobre viño, Directora Comercial de International Award VIrtus e parte do panel de cata deste certame que desenvolve en Lisboa.



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.