Imprimir y PDF

19 medallas do CERVIM no Mondial des Vins Extremes para os viños da D.O. Ribeira Sacra

19/07/2019

Un ano máis os viños da D. O. Ribeira Sacra triunfan en Aosta e regresan con case unha vintena de premios despois da participación no Mondial deas Vins Extremes. Os premios entregaranse o 1 decembro do 2019 no Forte dei Bard - Val de Aosta (Italia), onde acudirá a recollelos un representante do C.R.D.O.R.S. para entregalos aos seus destinatarios no tradicional xantar que o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra organiza a finais de ano.

A D.O. Ribeira Sacra presentaba este ano 51 mostras, 44 de tintos e 7 de brancos, pertencentes a 35 adegas e obtén en Brancos 3 Medallas de Ouro e 1 de Prata. Na categoría de Viños Tintos obtéñense 6 Medallas de Ouro e outras 6 de Prata. O palmarés para a D.O. Ribeira Sacra complétase con 3 Medallas de Ouro na categoría doutras anadas.


Categoría Viños Brancos anada 2018 Medalla de Ouro:

  • VIÑA GAROÑA– 2018, Adegas Viña Garoña
  • VIA ROMANA – 2018, Adegas e Viñedos Vía Romana
  • ABADIA DA COVA – 2018, Adegas Moure S.A
Medalla de Prata:
  • ALMALARGA– 2018, Alma das Donas S.L.U.
Categoría Viños Tintos Medalla de Ouro:
  • VIÑA MEZQUITA - 2018, José Manuel Vidas López
  • VIÑA PEÓN – 2018, Ernesto Rodríguez Pérez
  • CASTROFIZ BARRICA – 2017, José Luis Pedreira
  • DON COSME – 2018 , EDV 2015, S.L
  • FINCA CUARTA POR RUBÉN MOURE – 2018, Rubén Moure Fernández
  • REGINA VIARUM – 2018, Regina Viarum SL
Medalla de Prata:
  • CAPADOR – 2017, Adega Tear
  • VAL DA LENDA – 2018, Víctor Manuel Rodríguez López  
  • DON BERNARDINO – 2018, Don Bernardino SL
  • TRADICIÓN – 2017, Jorge Feijoo González
  • MALCAVADA – 2018, Araceli Vázquez Rodríguez
  • PRÓMINE – 2018, Bodegas Petrón
  Categoría Viños otras anadas
Medalla de Ouro:
  • REGINA VIARUM ECOLÓGICO – 2016, Regina Viarum S.L  
  • DON BERNARDINO FINCA MEZQUITA – 2014, Don Bernardino S.L
  • CONDADO DE SEQUEIRAS BARRICA – 2016, Adegas Condado de Sequeiras

O Mondial des Vins Extrêmes, que organiza o CERVIM (Centro de Investigación, Estudos, Protección, Coordinación e Valorización da Viticultura de Montaña) é o concurso enolóxico máis importante a nivel mundial, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos heroicos (altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en puntos da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas). Con este certame e na actividade diaria o CERVIM promove e pon en valor a produción enolóxica desas terras que se caracterizan polas súas dificultades estruturais, pero tamén por viños singulares que teñen unha personalidade extraordinaria.  

O obxectivo final é destacar as características únicas destas elaboracións e dar a coñecer os aspectos culturais da viticultura de montaña e o valioso traballo que os viticultores fan para salvagardar estes territorios e o medio ambiente.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: