No mes de abril, un dos programa de �??Gente Viajera�?� de Onda Cero, fíxose dende o Centro do Viño da Ribeira Sacra, gracias ao patrocinio do C.R.D.O.R.S. Polos micrófonos do programa que dirixe e presenta Esther Eiros pasou o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, quen confiaba en que o Centro do Viño lle de un impulso definitivo á Ribeira Sacra, como destino turístico a través do viño.
O Presidente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Juan Carlos Armesto afirmaba na súa entrevista que o viño neste territorio é importante a todos os niveis gracias ao traballo desenvolto polo C.R.D.O.R.S. �??O nome de marca que impuxo o viño foi básico no proceso de impulsar Ribeira Sacra, un espacio que vendemos turísticamente dende diferentes frentes e o viño é un deles�?�.
Dende a Asociación de Adegueiros da Ribeira Sacra, Evaristo Rodríguez falaba do viño asegurando que a D.O. tiña un produto extraordinario, distinto e integrado na paisaxe. Lembrou Evaristo Rodríguez que xunto co Centro do Viño, se está preparando a Ruta do Viño, que confía, de outro gran impulso ao territorio e ao viño. �??Son heroes os viticultores e adegueiros de Ribeira Sacra�?�, preguntáballe a xornalista a Evaristo Rodríguez. �?l respostaba �??A viticultura en Ribeira Sacra é heroica por traballosa, é difícil mecanizar e traballar a terra, tense que facer manualmente polo que quenes a traballan teñen que ter boas condicións físicas. Todos os que nos adicamos á viticultura en Ribeira Sacra queremos a esta terra e ao viño, unido ás condicións que dá Ribeira Sacra e ao traballo, temos un produto de grande calidade�?�. Non faltou na conversa con Evaristo Rodríguez a alusión a Robert Parker e o feito de que varios viños da D.O. recibisen máis de 90 puntos Parker; �??as referencias de Parker van a axudar a que os demais vexan o que facemos en Ribeira Sacra, é un impulso importante e temos que saber aproveitalo�?�, diría Evaristo Rodríguez.
Dentro do programa, houbo tempo para o espacio do xornalista José Manuel Novoa, que diría da Ribeira Sacra: �?? Hai algo místico ao redor dos ríos da Ribeira Sacra. Estamos ante a cultura da ladeira, o viñedo está caendo cara o río, non na cima, creando maxia entre as viñas e os ríos. O ambiente componse cun concerto natural, o que nos dan os sons da natureza en Ribeira Sacra�?�.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España