Imprimir y PDF

Evaristo Rodríguez, Presidente da Asociación de Adegueiros da Ribeira Sacra en â??Gente Viajeraâ?

â??Os que facemos viticultura en R.S. queremos a esta terra e ao viño"

20/04/2009

No mes de abril, un dos programa de â??Gente Viajeraâ? de Onda Cero, fíxose dende o Centro do Viño da Ribeira Sacra, gracias ao patrocinio do C.R.D.O.R.S. Polos micrófonos do programa que dirixe e presenta Esther Eiros pasou o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, quen confiaba en que o Centro do Viño lle de un impulso definitivo á Ribeira Sacra, como destino turístico a través do viño.
O Presidente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Juan Carlos Armesto afirmaba na súa entrevista que o viño neste territorio é importante a todos os niveis gracias ao traballo desenvolto polo C.R.D.O.R.S. â??O nome de marca que impuxo o viño foi básico no proceso de impulsar Ribeira Sacra, un espacio que vendemos turísticamente dende diferentes frentes e o viño é un delesâ?.
Dende a Asociación de Adegueiros da Ribeira Sacra, Evaristo Rodríguez falaba do viño asegurando que a D.O. tiña un produto extraordinario, distinto e integrado na paisaxe. Lembrou Evaristo Rodríguez que xunto co Centro do Viño, se está preparando a Ruta do Viño, que confía, de outro gran impulso ao territorio e ao viño. â??Son heroes os viticultores e adegueiros de Ribeira Sacraâ?, preguntáballe a xornalista a Evaristo Rodríguez. Ã?l respostaba â??A viticultura en Ribeira Sacra é heroica por traballosa, é difícil mecanizar e traballar a terra, tense que facer manualmente polo que quenes a traballan teñen que ter boas condicións físicas. Todos os que nos adicamos á viticultura en Ribeira Sacra queremos a esta terra e ao viño, unido ás condicións que dá Ribeira Sacra e ao traballo, temos un produto de grande calidadeâ?. Non faltou na conversa con Evaristo Rodríguez a alusión a Robert Parker e o feito de que varios viños da D.O. recibisen máis de 90 puntos Parker; â??as referencias de Parker van a axudar a que os demais vexan o que facemos en Ribeira Sacra, é un impulso importante e temos que saber aproveitaloâ?, diría Evaristo Rodríguez.
Dentro do programa, houbo tempo para o espacio do xornalista José Manuel Novoa, que diría da Ribeira Sacra: â?? Hai algo místico ao redor dos ríos da Ribeira Sacra. Estamos ante a cultura da ladeira, o viñedo está caendo cara o río, non na cima, creando maxia entre as viñas e os ríos. O ambiente componse cun concerto natural, o que nos dan os sons da natureza en Ribeira Sacraâ?.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: