O Balneario de Augassantas acollía este venres a entrega dos galardóns aos premiados na XX edición do Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta. O acto de entrega estivo seguido dun xantar no que participaron unhas 150 persoas entre integrantes do Consello Regulador e autoridades políticas.
O Presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez, encargado de presentar os premios, aseguraba que ano tras ano, as cousas se fan mellor, os viños melloran substancialmente a medida que a Denominación cumpre anos e hoxe os viños da D.O. Ribeira Sacra son referencia nas guías de viños máis prestixiosas tanto a nivel autonómico, como no ámbito nacional e internacional.
Da man das diversas autoridades políticas presentes no acto foron recibindo os galardóns da XX edición do Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta as seguintes adegas:
Categoría de viños tintos tranquilos vendimas 2010-2011: Medalla de Ouro (89,1 a 94 ptos.)
Adega Barbado 2011 de Tomás Rodríguez González
Nogueiras 2011 de Roberto Regal López
Regina Viarum 2011 de Adegas Regina Viarum
Cividade 2011 de José Ramón Verao Pérez
Terras Mouras 2010 de Maximino López Vázquez
Estrela 2011 de D´Fran S.C.
Na mesma categoría reciben Medalla de Prata(de 84 a 89 ptos.):
Casa Noguedo 2011 de Ramón Marcos Fernández
Cruceiro Rexio 2011 de Ramón Marcos Fernández
Sollío 2011 de Victorino Álvarez Rodríguez
Sabatelius 2011 de Adegas e Viñedos Lareu S.L.
Cruceiro 2011 de Ramón Marcos Fernández
Marcelino I de Marcelino Álvarez González
Viña Cazoga de Adegas Viña Cazoga
Portelo de Terras de Líncora S.C.
Marqués de Garoña de Adegas Viña Garoña S.L.
Cepa Vella de Adegas Moure S.A.
O viño Viña Mezquita 2011 de José Manuel Vidal López obtén o máximo galardón nesta categoría: Gran Medalla de Ouro, obtendo unha puntuación superior a 94,1 sobre 100.
Na categoría outras añadas, referente á campaña 2009 e anteriores recibe Medalla de Ouro, Don Bernardino de Don Bernardino S.L.
Na categoría de brancos entregáronse 3 Medallas de Prata:
Almalarga 2010 Godello Barrica de Pena das Donas S.L.
Regina Viarum Godello 2011 de Adegas Regina Viarum
Viña Vella 2011 de SAT Virxen dous Remedios
A D.O. Ribeira Sacra obtivo dous premios especiais: Premio Especial Cervim para Adegas Regina Viarum (entrégaselle á mellor adega de cada país como resultado das puntuacións de todos os viños presentados pola adega) e o Gran Premio Cervim para o viño que obtén a mellor puntuación absoluta, o premio foi para Viña Mezquita 2011 de José Manuel Vidal López.
A D.O. Ribeira Sacra presentou 54 mostras ao XX Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta que se celebrou na localidade italiana a principios de xullo. Das mostras presentadas 45 correspondían a tintos e 9 a brancos.
O Certame de Viticultura de Montaña de Aosta ten, entre outros obxectivos, promocionar e pór en valor a viticultura de montaña ou en forte pendente, da que a D.O. Ribeira Sacra é o máximo expoñente en España e da que se está convertendo en referente a nivel mundial, o que se confirma cos galardóns recibidos cada ano e, ao premiar, nesta ocasión ao 50% dos viños presentados por esta Denominación.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España