(fotografÃa de Alberto López)
Entre 1983 e 1999, José Manuel RodrÃguez foi concelleiro do PP en Sober. En 1987, asumiu a organización da Feira do Viño de Amandi, que chegaba ese ano á sétima edición. Foi unha toma de contacto tormentosa, pero aguantou a chaparrada. Tres anos despois, abandeiraba o proceso que rematou coa concesión da denominación de orixe Ribeira Sacra. Dende entón, o sector confioulle a presidencia do consello regulador en cada proceso de renovación.
-Aquel ano decidÃrase que os viños que fosen á feira de Amandi debÃan ser tratados. Falamos coa estación enolóxica e puxo unha serie de mÃnimos. Os viños tiñan que levar sulfuroso e estar clarificados para poder participar. A feira fixérase moi comercial, pero os viños en xeral derramábanse. De modo que o despegue dos primeiros anos estábase a converter no contrario. Conseguimos que os adegueiros entendesen que o que vai áa botella debe ter unhas condicións mÃnimas de conservación. Empecei con vinte e catro apuntados e acabei con doce. Moitos dicÃan que ao seu viño non lle botaban quÃmica. Remexeron por todos lados para poder vir á feira incumprindo as normas, pero deron con alguén que non estaba disposto a saltarse o que estaba acordado.
-Tres anos despois, comezouse a traballar coa indicación de viños da terra, o paso previo á denominación de orixe. ¿Como foi posible un cambio tan radical en tan pouco tempo?
-Nese momento coincidiron unha serie de cousas que marcaron o futuro. A mediados dos oitenta houbo un movemento, no que participaba Adegas Moure, para darlle unha denominación galega ao albariño. Logo xurdiu o interese por traballar por unha denominación para esta zona, que defendÃan os Moure e tamén Val de Quiroga, que xa daquela comercializaban viño embotellado. No medio de todo iso arranca Rectoral en Amandi, que fixo a primeira colleita no patio da miña casa. Foi un ano e pico dun gran desenvolvemento. Recordo unha charla en Sober á que viñeron Evaristo [RodrÃguez, de Adegas Moure] e Manolo [Gómez Guntiñas, de Val de Quiroga] na que os colleiteiros de Amandi non os sacaron a paus de casualidade. Xente, por certo, que hoxe está en Ribeira Sacra.
-Despois de tantos cambios, ¿queda percorrido por diante?
-Os franceses non falan de quilos nin de litros de viño, senón da rendibilidade dunha hectárea de viñedo ou dunha botella de viño. Non son grandes só polo volume, senón pola esencia do que representan. As grandes denominacións do mundo son o resultado dun traballo de moitos anos nunha mesma liña. Despois de moitas décadas, chegaron a ter unha presenza no mercado. Ribeira Sacra non pode obsesionarse por chegar a tantos quilos de uva ou a tantas hectáreas. Iso virá dado pola realidade que teñamos nos vindeiros anos, pero non é unha meta. O do viño é como unha avaliación continua. Hai que estar aà cada dÃa traballando para ser un referente no espazo no que te moves. En Ribeira Sacra somos, sen dúbida, un referente en Galicia. Empezamos a selo a nivel nacional e tamén estamos a ser unha referencia cada vez máis coñecida internacionalmente.
-¿Desaparecerán a maiorÃa das pequenas adegas?
-Hai denominacións de orixe baseadas en grandes adegas e outras en microadegas. A clave no noso territorio é que a viticultura sexa o máis rendible, e para iso ten que haber xente que poida vender ben ese viño. Non é unha cuestión de grandes, pequenos ou medianos produtores, senón de profesionalidade. O importante é dar unha imaxe de cohesión, unha liña de produto. Todas as grandes rexións vitÃcolas téñena. As pequenas anécdotas, o I+D de cada adega, está moi ben. Pero non podes ter dez tipos de viño, porque entón deixas de ser unha denominación. Burdeos, ademais de tintos, ampara sauternes, pero non fóra de Sauternes. O mesmo pasa en RÃas Baixas, que fai tintos e espumosos, pero hai un tipo de viño que representa o noventa por cento do total.
-Sen pequenas adegas vanse producir cambios significativos na paisaxe vitÃcola.
-A imaxe do viñedo na Ribeira Sacra é algo absolutamente básico. Non está aÃnda riba da mesa, pero vaise facer unha normativa para viños de viñas especiais. De feito, o mercado asà o está valorando. O que hai é que darlle unha ferramenta a todos para que poidan facelo. Os grand cru franceses non se fan en virtude da elaboración da adega, senón da peculiaridade da terra onde nace ese produto. Eso é que marca a diferenza, máis aÃnda nun territorio como o noso. A proxección da Cinque Terre está nun viñedo colgado sobre o Mediterráneo, aÃnda que as novas plantacións fanse en partes onde é posible a mecanización. O meandro da Cova, Doade, Amandi, Belesar parte das ribeiras de Chantada e Vilachá son iconos visuais da Ribeira Sacra e hai que mantelos. Se non somos capaces, haberá unha perda de imaxe global que nos arrastrará a todos. Temos que darlle a posibilidade de que o cultivo destas viñas sexan tan rendible no futuro como noutros sitios onde é máis fácil traballar.
ENTREVISTA josé manuel rodrÃguez, presidente do consello regulador
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España