O TURISMO ? UNHA una das grandes potencialidades da Ribeira Sacra. Así o entenderon asociacións empresariais e institucións públicas, que levan tempo traballando en lograr consolidar unha oferta de lecer aberta a todos os públicos. O reto é dar a coñecer en todo o mundo unha zona que o ten todo, desde paisaxe e patrimonio a unha oferta centrada no mundo do viño que podería cualificarse de única.
O 2013 preséntase como un ano clave na difusión da Ribeira Sacra, sobre todo para o chamado enoturismo. Xa se conta cunha ruta do viño en cuxo deseño levaba traballando desde facía varios anos o consello regulador da denominación de orixe e na que entraron de forma activa diferentes sectores, coma o hostaleiro ou o hotelero rural.
A súa presentación formal fíxose este ano e os resultados obtidos non foron cuantificados pola pouca marxe de tempo que houbo para promocionala. Espérase que o 2013 sexa o comezo dunha aventura que sirva para dinamizar socioeconómicamente o conxunto da Ribeira Sacra.
Niso cre o consorcio turístico integrado por unha veintena de concellos de Lugo e Ourense que, máis que separados, atópanse unidos polos río Miño e Sil, eixos vertebradores dun territorio cheo de encantos naturais, monumentais e gastronómicos.
Os establecementos de turismo rural que conforman a asociación Lugosur tamén confían no potencial turístico da Ribeira Sacra. Por iso non dubidaron en manter contactos cun colectivo similar que funciona na zona ourensá para unirse e ofertar a zona como un destino único. O 2013 será o ano da fusión das dúas entidades e do traballo conxunto para sacarlle o maior rendemento posible á Ribeira Sacra, un espazo no que tamén confían administracións como a Diputación de Lugo e a Xunta de Galicia. De feito, a Ribeira Sacra é un dos chamados xeodestinos que promociona a través dunha nova páxina web en internet o organismo provincial.
O vicepresidente da Diputación, Antonio Veiga; e os técnicos en turismo encargados do deseño da web non dubidaron en sinalar que a Ribeira Sacra ten moito andado grazas ao traballo realizado polo consorcio turístico nos últimos anos.
E é que a oferta debe ir crecendo exponecialmente. Á paisaxe, ao patrimonio e ao mundo do viño uníuselle agora o xeoturismo. O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra participou nunha reunión no Cabo de Gata (Almería) con outros doce grupos das comunidades autónomas de Andalucía, País Vasco, Castilla-León, Aragón e Extremadura para poñer en marcha un programa cuxo obxectivo é colaborar para conservar, recuperar, divulgar e interpretar o patrimonio xeológico dos territorios de actuación das diferentes agrupacións, así como explotar o denominado xeoturismo. Déronse os primeiros pasos para conseguir este fin, esperando que ao longo do 2013 se concreten as estratexias necesarias para sacarlle rendemento á riqueza natural da Ribeira Sacra, algo no que xa comezou a traballar a título persoal o Concello de Quiroga.
E é que todos confían no milagre turístico, pois dispoñen dunha experiencia similar, a do viño. Aos poucos, pero con paso firme, os caldos da Ribeira Sacra lograron chegar a todos os recunchos do mundo e que os especialistas máis afamados lle dean unhas excelentes cualificacións.
O reto do cento de adegas amparadas polo consello regulador da denominación de orixe Ribeira Sacra é, lonxe de manter a cota de mercado, crecer para que o mundo do viño sexa cada vez máis importante desde o punto de vista social e económico nunha zona deprimida e envellecida poboacionalmente.
A consecución de colleitas excelentes en calidade e cantidade, ao lograr superar os 5 millóns de quilos de uvas por tempada, fan presaxiar un excelente futuro para a denominación de orixe, algo que se pode observar na aposta de grandes adegas, como Rectoral de Amandi, por aumentar as zonas de cultivo de viñedo. De feito, esta firma configurou unha parcela de 50 hectáreas en Quiroga para poder aumentar a súa produción.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España