Ribeira Sacra: Viños de Río e Canón
Aqueles romanos eran xente enxeñosa. Mentres o presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez, me leva a través da Ribeira Sacra por primeira vez, atópome mirando con asombro as pontes ancestrais que atravesan o río Miño coa mesma facilidade que o facían hai dous milenios; actualmente, coches e pasaxeiros van dun lado a outro en lugar de carros e centurións. E, por suposto, sábese que os Romanos expandiron o seu imperio até os lugares nos que as uvas xa non podían transformarse en viño, xa que, despois de todo, por que conquistar unha terra que non pode devolvernos pracer? Tamén aquí, a Ribeira Sacra segue a beneficiarse desa inxenuidade. Os romanos coidadosamente cicelaron as pendentes orientadas ao sur destas vertixinosas gargantas dos sinuosos ríos Miño e Sil en bancais para cultivar as uvas. Eles non buscaban altas puntuacións de críticos coma min. Eles só buscaban facer un viño mellor e afortunadamente esa filosofía perdurou até hoxe.
Ribeira Sacra, que se traduce por ??Sacred River?, é seguramente un dos ??segredos? de España. Unha rápida mirada á pintoresca paisaxe dotada de vilas medievais e igrexas dá poucas pistas da viticultura. Só dentro dos seu impresionantes vales se poden descubrir as viñas, aparentemente escondidas nunha fisura xigante da codia terrestre. A pesar de ser unha rexión chea de historia como ningunha outra coa que me atopei, podemos ver a Ribeira Sacra como unha recente incorporación ás numerosas DO españolas. A filoxera decimou tanto a industria vitícola como a súa cultura e o consecuente abandono das viñas, seguido pola Guerra Civil Española, converteu a elaboración do viño en pouco máis que unha lembranza. Socalcos abandonados son o testamento dese pasado precario, tal e como o son no Priorato ou en calquera outro lugar.
Afortunadamente, a Ribeira Sacra experimentou un renacemento nas últimas tres décadas. O numero de viticultores pasou progresivamente de 800 a, en 2011, 2.896, que actualmente traballan as súas 1.265 hectáreas. A maioría venden as súas uvas a cooperativas locais ou adegas, que son un total de 94. Non é un número moi grande comparado con outras denominacións, pero bastante máis que as 17 que existían en 1994. Hai cinco subzonas na Ribeira Sacra: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil. Cada unha caracterízase por diferentes microclimas ditados pola topografía extrema, a altitude, o terrón, a orientación e o efecto regulador dos ríos. A Ribeira Sacra goza de máis horas de Sol que a zona das Rías Baixas, situada na costa, máis ao oeste, e necesitas perderte entre os viñedos para ver como as pedras quebradas e a pendente aseguran que estea perfectamente drenada.
En canto á variedades de uva, a vide tinta Mencía reina con case cinco millóns de quilogramos producidos en 2010 (o meu título refírese aos parecidos en orografía máis que aos viños producidos). Ribeira Sacra é practicamente a antítese de Ribera del Duero: ten unha cor non tan intensa, entra con menos froita no nariz, fresco e a miúdo herbáceo con aroma a pemento inspirado no Chinon, está normalmente entre 12,5 e 13,5% graos de alcohol, en boca máis preto da intensidade media que da robustez, tendo unha acidez picante e acabados lineais. Os tintos da Ribeira Sacra son frescura, frescura e frescura. Os brancos prodúcense maioritariamente de Godello, complementado con Treixadura e Loureira.
Atopei os viños da Ribeira Sacra inmediatamente atractivos, non porque fosen potentes, de complexidade inefable ou producidos para aguantar moito. Non, gocei do seu sentido da pureza e a súa completa falta de pretensión. Gocei destes viños porque falan da súa terra, aproveitándose da Mencía para conxurar viños faiscantes, frescos e vivaces, que nacen para casar coa cociña local. Os mellores viños son aqueles que, vendo que se remata a botella, fan que xa un teña o devezo de tomar outra gota ?? unha virtude que se esquece demasiado neste días. Os taninos normalmente son moi finos; ás veces lémbranme algúns Pinot Noir, impartindo sedutoras texturas sedosas. Como xa comentei, cando ofrecen notas de framboesa fundidas con toques de pemento, atopo, aos Ribeira Sacra, máis ??auténticos?. E, sempre que aspiren a ser algo máis mediante unha maior extracción a través do carballo, eles perden a súa personalidade e tipicidade. Percibo que os brancos da Ribeira Sacra son, en xeral, máis fortes do que esperaba, con excelentes exemplos de Adega Algueira e Dominio do Bibei, se ben non chegan á fortaleza dos viños das Rías Baixas, abaixo na costa. Os viños da Ribeira Sacra son relativamente accesibles e por sorte non existe unha ??icona? de viños deseñados para pescar coleccionistas de etiquetas, o que se agradece.
? imposible visitar a Ribeira Sacra e non te namorares dela. Existe un sentimento de atemporalidade no seu interior, porque moita da súa historia permaneceu intacta. O que tamén percibín foi a idea de que os seus viños non necesitan adecuarse aos parámetros internacionais. Se queres viños con máis corpo, máis afroitados no nariz, con máis alcohol, entón este non é o lugar a onde deberías vir. Poderías argumentar que este solipsismo pode levar a unha DO a estancarse no seu estilo anacrónico. Pero é manténdose fiel ao seu estilo, que sospeito cambiou pouco dende os tempos dos romanos, que a Ribeira Sacra é máis importante que nunca para o que os amantes do viño buscan na súa copa.
A Ribeira Sacra foi un descubrimento para o meu padal. Creo que o será para o voso.
Coma sempre, o meu enfoque rexional significa que as miñas catas abarcaron un maior espectro de viños que os que se cataran para anteriores reportaxes e, polo tanto, non todos estes produtores son importados aos Estados Unidos. De novo, teño que agradecerlle ao Consello Regulador e especialmente a José Manuel Rodríguez, por organizarme a cata, acompañarme nas miñas visitas e pola bolsa de castañas.
Neil Martin
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España