Imprimir y PDF

O 2 de outubro como data recomendada para o inicio de vendima

21/09/2013

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra fixa o 2 de outubro como data recomendada para o inicio da vendima.

O Pleno do C.R.D.O.R.S. reuniuse a última hora da tarde de onte día 20 de setembro para fixar a data recomendada para o inicio da campaña de vendima.

Para determinar esta data aconsellada tivéronse en conta os datos obtidos nos controis de maduración que os técnicos do Conselo realizaron dende finais do pasado mes de agosto nas diferentes subzonas da denominación.

Nesta campaña elaborarán viño ao abeiro da D.O. Ribeira Sacra 98 adegas e encargaranse de vixiar o proceso 15 vedores, ademais dos técnicos propios do C.R.D.O.R.S. que estarán coordinados pola Directora Técnica do Conselo.

Dende o pasado día 17 lévanse realizando traballos de vendima en 4 adegas acollidas á denominación de orixe.


A día 20 de setembro os datos da campaña son:

Os quilos de uva que se levan recollidos: 10.894

Os viticultores que poden vender uva: 2.964

E as hectáreas acollidas á denominación: 1.263


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: