O presidente do CERVIM, o italiano Roberto Gaudio, visitou Ribeira Sacra, convidado polo Conselo Regulador para a entrega dos premios do concurso anual que tivo lugar o pasado mes de xullo na localidade italiana de Sarre.
Roberto quixo coñecer máis a fondo a Ribeira Sacra e quedou impresionado pola paisaxe, polos viñedos, polas adegas que visitou e polos viños que degustou.
Nunha das súas paradas quixo coñecer a adega que nesta edición obtivo o premio excelencia, Ronsel do Sil S.L., adega pertencente á subzona de Ribeiras do Sil, sita no concello de Parada de Sil.
Despois do acto de entrega de premios que tivo lugar no hotel balneario Augas Santas de Pantón en Lugo, visitou o Museo e o Centro do Viño de Ribeira Sacra en Monforte de Lemos.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España