Desta edición de 2014 editáronse 2.000 exemplares.
A Guía contén recensións sobre 478 Adegas, Destilarías e "Colleiteiros". Sumando, en total, máis de 1.500 marcas de Viños e Destilados de Galicia. Catáronse máis de 800 Viños e Destiláronos.
Para iso constituíronse 12 Paneis de Cata, nos que participaron 23 catadores, os cales realizaron 381 catas descritivas, con asignación de medallas (+ de 80 puntos para a obtención de medalla).
O deseño gráfico da Guía foi concibido para achegar a máxima claridade e que, en primeira ollada, o lector identifique os Viños distinguidos (marxes exteriores), fichas de cata (recadros) e estética das botellas. As cores verde e burdeos identifican os Viños brancos e os tintos. Unha paleta de 5 cores serven para identificar as cinco variedades de Destilados que se producen en Galicia baixo o auspicio das respectivas denominacións de orixe.
Finalmente incorpórase un vocabulario de cata, o listado das variedades de uva que se producen nas D.O. de Galicia (xunto cunha infografía, sobre un mapa de Galicia, no que se sinalan as zonas de produción) e tres índices: de Viños e Destilados, de Adegas e outro xeneral de tal maneira que o lector pode localizar doadamente a páxina onde aparece o Viño, Destilado ou a Adega que busca.
A guía de 2013 obtivo recentemente o galardón "BestWineTourism Book".
Las distinciones que han obtenido los vinos de Ribeira Sacra son:
GRAN OURO:
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España