Imprimir y PDF

Ribeira Sacra en Fitur 2014

21/01/2014

José Manuel Rodríguez presidente do Consello Regulador Ribeira Sacra estará presente mañá mércores día 22 ás 16:30 horas na presentación que realizará o Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra das tres novas guías turísticas. As guías turísticas son a guía turística xeral, a guía de empresas e actividades de Ribeira Sacra e a guía de sendeirismo. Tamén se presentará a aplicación móbil e a nova web específicas de sendeirismo en Ribeira Sacra.
No mesmo acto tamén se avanzará a campaña dos novos produtos e expericias turísticas "Vive e regala Ribeira Sacra".

O acto terá lugar no salón de actos do Stand de Galicia (Situación do Posto de Galicia: Pavillón 9. Parcelas 9 CO 5 / 9 C 07. Recinto Feiral Juan Carlos I- Madrid).

Tamén o xoves 23 ás 13:30 horas se presentará "Trens Turísticos" que contará coa presenza do Presidente da Deputación de Orense, a Directora de Turismo de Galicia e da Ministra de Fomento.

Fitur é unha das feiras de turismo máis recoñecida internacionalmente, onde se dan a coñecer todos os paises e destinos turísticos.
As xornadas que se desenvolverán no marco de FITUR tamén son un instrumento moi valioso para contribuír ao impulso do sector turístico no seu reto de ser máis competitivo onde Ribeira Sacra seguro que ten unha grande acollida tanto polo sector empresarial coma polo público en xeral.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: