Imprimir y PDF

O presidente do CRDO Ribeira Sacra apoia ao sector hostaleiro lucense en Fitur

23/01/2014

Coa finalidade de seguir aumentando a presenza e de dar a coñecer os viños da denominación de orixe nunha feira tan importante e con recoñecemento nacional e internacional no sector turístico como Fitur, Ribeira Sacra sumouse onte á Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo (APEHL) que presentou a súa nova guía na súa sétima edición.

Fitur é sen dúbida un escaparete valioso para que tanto os profesionais do sector turístico coma o público en xeral poidan coñecer a Ribeira Sacra e todos as posiblidades e recursos que ofrece esta zona vitivínicola.

O Conselo Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra colabora habitualmente coa APEHL nas diferentes iniciativas que desenvolve como o Concurso de Tapas Cume Tapas de Monforte de Lemos, La Vuelta Ciclista a España e outros concursos e eventos.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: