Imprimir y PDF

Cata de Calificación da Colleita 2013

18/02/2014

A recollida de mostras para a Cata de Calificación da colleita de 2013 comezou onte día 17 polos técnicos do Conselo Regulador da denominación de orixe. Na Cata que terá lugar o próximo venres día 28 de febreiro na igrexa de Pombeiro no concello de Pantón, cataranse un total de dez mostras recollidas en dez adegas diferentes, dous por cada unha das cinco subzonas que forman a denominación de orixe.

Nesta ocasión o panel de cata tamén estará formado por once catadores expertos de recoñecido prestixio:


    • Laura Gaioso Losada, membro da Asociación de Sumilleres Gallaecia
    • Xurxo Alba Padín, membro da Asociación Gallega de Catadores
    • José Felicísimo Pereira, membro da Asociación  Gallega de Enológos
    • José María Martínez Alonso, membro do Panel de Cata do CRDO Ribeira Sacra
    • Luis Díaz Álvarez, membro do Panel de Cata do CRDO Ribeira Sacra
    • José Luis Hernández Mañas, experto en vitivinicultura
    • José Serrano Cuadrillo, experto en vitivinicultura
    • Ana María Martín Albid, sumiller e Vicepresidenta da Asociación del Vino y Queso de Lanzarote
    • Alberto González González, enólogo
    • José Luis Díaz Azkarate, membro de la Cofradía del Vino de Navarra y do panel de cata del CRDO Navarra
    • Bartolomé Sánchez Martínez, xornalista gastronómico


    CONTACTO

    Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

    info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

    SíGUENOS EN: